DE ESTREA
23/05/2007 13:00 O concello de Arzúa dá un novo paso na súa intención de achegar as novas tecnoloxías a todos os cidadáns a través de Arzúa Cidadán, o portal web que será presentado oficialmente no Salón de Plenos da Casa do Concello.
ACTIVIDADES : CONCELLARÍA DE CULTURA
23/05/2007 10:10 O departamento de Cultura do Concello de Arzúa inaugura o programa que levará por nome Coñece o teu país cunha visita ao xardín botánico de Lourizán (Pontevedra) o día 30 de xuño.
Día das Letras Galegas 2007
20/05/2007 18:03 O fallo do III Certame de relato curto A Nosa Lingua do Concello de Arzúa resolveuse en feminino: Rocio Leira (Cee) Alba Sánchez (Santiago de Compostela) e Sara Martínez (Arzúa) foron as premiadas desta edición, cuxa entrega de premios tivo lugar na Capela da Madanela o xoves 17 de maio.
Os encontros desputaranse no Cruceiro de Santa María
19/05/2007 18:14 Logo de que os equipos das categorías base se enfrontasen o sábado 19 en Melide, serán os adultos os que terán que disputar os encontros que se celebrarán en Arzúa nos días 2 e 3 de xuño, no pavillón do Cruceiro de Santa María, correspondentes ao Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala.
Acordo do último pleno municipal
01/05/2007 19:44 Na súa última sesión ordinaria o pleno do Concello de Arzúa deu luz verde á decisión de enmarcar no Plan de Cooperación Provincial 2007 as obras denominadas camiño da Calzada (Burres) á igrexa de Oíns e camiño-estrada de Lugo-A Pastoriza.