Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es
Un terremoto de 7 grados de magnitude na escala Richter sacudía onte día 12 de xaneiro o oeste de Haití, país máis pobre do hemisferio occidental.
A capital, Puerto Príncipe, cunha poboación de máis de 2 millóns de habitantes é a cidade máis afectada. Polo momento non hai cifras oficiais de mortos nin feridos, pero debido á intensidade do seísmo e a precariedade do país, é case seguro que o balance final será moi elevado en vítimas, desaparecidos, así como na destrución de infraestruturas e bens. Podemos constatar que estamos ante unha enorme catástrofe.
Dende que se coñeceu a nova, Cruz Vermella Española puxo en marcha os seus protocolos de resposta, para iniciar no menor tempo posible o envío da primeira axuda. Para iso o contacto coa delegación que a propia Cruz Vermella ten en Haití e na República Dominicana é fundamental. O obxectivo prioritario da nosa entidade é paliar, de xeito inminente, as carencias básicas e urxentes da poboación damnificada.
As necesidades máis inmediatas consisten na busca e rescate de persoas, atención de saúde de emergencia, suministro de auga e saneamento (prantas e pastillas potabilizadoras), medicamentos, alimentos, aloxamento de emerxencia (toldos plásticos, mantas, tendas de campaña), loxística e telecomunicacións.
Cruz Vermella xa enviou varios avións con axuda humanitaria para cubrir as principais necesidades da poboación afectada polo terremoto. Neles transpórtanse dúas Unidades de Resposta ante Emergencias e Saneamento (que inclúen prantas potabilizadoras) e outra de Telecomunicacións. Ademais tamén se desprazaron ata a zona doce delegados expertos en emergencias. Trátase dunha das primeiras axudas que son fundamentais, xa que a poboación precisa urxentemente auga, saneamento e cobertura sanitaria.
A axuda humanitaria de emergencia envíase directamente á Cruz Vermella de Haití e dende aí realízase a distribución grazas aos voluntarios e o persoal cos que alí se conta.
Para colaborar co operativo humanitario posto en marcha por Cruz Vermella Española, quen o desexe pode acceder ao teléfono 902 22 22 92 ou a través da páxina web http://www.cruzroja.es/. Ademais Cruz Vermella facilita uns números de contas bancarias nas que toda aquela persoa que o desexe pode facer o seu donativo.
Caixa Galicia: 2091-0000-37-3040162319
Banco Pastor: 0072-0101-97-0000144000
Caixanova: 2080-0151-12-0040023659