Arzúa cidadán

Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es

Conmemoración do día internacional da muller

Cruz Vermella ten un compromiso coa igualdade de xénero e cos dereitos das mulleres, que historicamente viñeron sufrindo diferentes xeitos de discriminación.

 

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a institución pon en marcha unha campaña que se difunde por todo o territorio nacional. Con esta proposta preténdese facer fincapé na importancia da sensibilización encamiñada a loitar pola eliminación de estereotipos así como o fomento da igualdade de xénero. 


Por este motivo en diferentes puntos da provincia da Coruña, realizaranse actividades que teñen como finalidade manifestar o noso compromiso coa defensa dos dereitos da muller. En concreto aquí en Arzúa, procederase a distribución por distintos puntos da vila de material que lembra a conmemoración deste día.