Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es
Cruz Vermella sae a rúa para iniciar a campaña de vendas de boletos do Sorteo do Ouro.
Este sorteo é un dos principais instrumentos cos que se conta para que a sociedade española poida participar na labor humanitaria de Cruz Vermella, axudando a que a institución a través dos seus profesionais e voluntarios, poidan seguir contribuíndo a mellorar a vida das persoas e colectivos máis vulnerables.
No noso concello Cruz Vermella conta coa inestimable colaboración de diferentes establecementos, empresas e pequenos negocios que nos apoian na venda e distribución de boletos. Quen merca un boleto ademais de poder gañar 100 quilos de ouro, está realizando un xesto solidario ó colaborar na financiación de proxectos sociais que se desenvolven en Arzúa, dirixidos a diferentes colectivos sociais.
Os boletos pódense adquirir de varios xeitos: a través dos colaboradores habituais da asemblea, ou dirixíndose ós establecementos da vila que colaboran de xeito desinteresado con esta iniciativa. O seu prezo é de cinco euros e o sorteo celebrarase en Guadalaxara o próximo 21 de xullo. Nel serán repartidos un total de 1.320 premios que no seu conxunto están valorados en máis de 7 millóns de euros.
O listado de premios pódese consultar o mesmo día na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, ou ben chamando o número de teléfono 902 22 22 94. Tamén se poderán consultar ao día seguinte nos periódicos de tirada nacional, en calquera oficina de Cruz Vermella, ou ben nas administracións de lotería.