Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es
Durante unha semana os cativos de Arzúa poderán participar en diferentes actividades que se organizan no campamento urbano da Cruz Vermella.
Este ano a data para a celebración desta actividade será a última semana do mes de xullo, comezando o martes día 26 e rematando o venres 29.
A proposta para o campamento urbano contén iniciativas de índole moi diversa: teremos a realización de obradoiros, así como de xogos durante o primeiro día. Logo durante un día Exipto será o eixo da nosa actividade, falaremos da súas construcións arquitectónicas, dos seus rituais funerarios, das súas costumes ...
Os dous últimos días trasladarémonos ó Concello de Cerceda, para visitar as instalacións do seu parque acuático. A saída de Arzúa realizaráse o xoves día 28, pernoctaremos en Cerceda e está previsto o regreso para o venres día 29 pola tardiña.
Nesta iniciativa poden participar os rapaces nados entre os anos 1999 e 2003 (ambos incluídos) e para inscribirse poden facelo dende o día 5 ata o 22 de xullo na oficina da Cruz Vermella de 9:30 a 13:30 de luns a venres ou ben chamando ao teléfono 981 500 589.