Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es
Onte día 21 de xullo celebrouse o Sorteo do Ouro da Cruz Vermella en Guadalajara.
O primeiro premio correspondeu o número 70.766, da serie 54. Este premio que está dotado con 100 kilos de ouro ou o seu contravalor en metálico 3.590.500 €, foi distribuído en Córdoba.
O segundo premio recaeu no número 20.949 da serie 62 e está dotado con 45 kilos de ouro (1.615.725 €). Dito número foi vendido na veciña provincia de Pontevedra.
O terceiro premio correspondeu ó número 78.664 da serie 93 e está dotado con 20 kilos de ouro (718.100 €). Este premio recaeu en Madrid.
Os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro , ou no número de teléfono 902 222 294.
Sinalar que o prezo do ouro quedou fixado ao peche do Mercado de Metais Preciosos de Londres o día 20 de xullo en 35,905 € o gramo. Os premios non son acumulativos e caducan aos 90 días naturais dende a celebración do sorteo, e poden facerse efectivos en metálico e en ouro nas oficinas da Cruz Vermella e en metálico en oficinas de Banesto, BBVA, Grupo Banco Popular e Santander.
Dende a Asemblea de Arzúa, queren agradecer a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron coa merca de boletos para este sorteo, xa que con esta adquisición ademais de buscar a súa propia sorte, axúdase a miles de persoas.