Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es
Coa chegada do mes de setembro, Cruz Vermella e a Fundación Solidariedade Carrefour poñen en marcha a terceira edición da campaña que leva por nome -Volta ó cole solidaria-.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal incentivar ós clientes dos centros Carrefour a que doen material escolar. A persoa que queira colaborar na campaña pode facelo dun xeito moi sinxelo, simplemente tería que mercar material escolar e depositalo nas caixas habilitadas que se atopan nos propios centros Carrefour. Logo este material é entregado a Cruz Vermella para posteriormente destinar ó colectivo infantil e xuvenil en dificultade social. Deste xeito, inténtase reducir o imparto que conleva a adquisición de material escolar na economía familiar.
Pola súa parte os Centros Carrefour doarán tamén á Cruz Vermella material escolar por valor do mesmo importe das doazóns realizadas polos clientes.