Arzúa cidadán

Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es

Día Mundial da loita contra a Sida

Con motivo da celebración do día mundial da loita contra a Sida a Cruz Vermella en Arzúa pon en marcha a campaña - Ante a dúbida, infórmate e actúa -

 

Con esta campaña preténdese informar e sensibilizar á poboación acerca desta enfermidade así como previr a súa transmisión fomentando hábitos saudables. Por esta razón maña día 1 de decembro procederase ó reparto de chapas, marcapáxinas... durante unha hora na praza da vila.

Cruz Vermella despois de trinta anos dende que se realizara o primeiro diagnóstico do VIH, segue traballando para evitar prácticas de risco e actitudes discriminatorias cara as persoas que viven co VIH. Unha das ferramentas fundamentais para fomentar actitudes de responsabilidade é evitar condutas de risco, ademais de ofrecer pautas de actuación e recursos, foi dende fai seis anos o teléfono de atención gratuita 900 111 000. Mediante este servizo, aténdense de xeito anónimo e confidencial, as consultas da poboación relacionadas coa infección por VIH. Está xestionado por persoal especializado e conta coa financiación do Plan Nacional sobre a Sida. Dispón tamén dun correo electrónico de consulta: informacionvih@cruzroja.es.


Ó longo de 2011 levouse a cabo un proxecto de ampliación do servizo para incorporar novos recursos tecnolóxicos de información e comunicación como por exemplo a presenza nas redes sociais ou a posibilidade de realizar consultas on line a través dun chat especializado. Este proxecto transformou o Servizo de Atención telefónica nun auténtico Servizo Multicanle de Información e Prevención do VIH.  

www.facebook.com/InformacionVIH