Arzúa cidadán

Rua Padre Pardo 33 -1 15.810
Arzua - A Coruna
Teleono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzroja.es

Campaña de nadal 2011

 

Durante todo o mes de decembro e ata o día 5  do mes de xaneiro a asemblea de Cruz Vermella pon en marcha o nadal solidario.


 


 


         Esta nadal solidario tradúcese no desenvolvemento de dúas campaña, por un lado a campaña de alimentos e por outro a campaña de xoguetes

No caso da primeira, como ven sendo habitual nestes últimos anos, foron colocadas unhas caixas nos distintos supermercado da vila, podendo colaborar depositando nelas alimentos non perecedoiros. Este ano ademais como novidade contamos coa colaboración da Gardería municipal, entidade que se sumou a esta campaña de alimentos, polo que nas súas instalacións tamén se conta cun punto de recollida. Con esta iniciativa preténdese conseguir que todas as familias do noso concello poidan disfrutar destas datas, polo que todos os alimentos obtidos son repartidos nos días previos ó nadal 

Por outra banda coa campaña de xoguetes a Cruz Vermella persegue dous obxectivos. Un deles é conseguir sensibilizar á poboación acerca das desigualdades sociais, ó mesmo tempo que se intenta fomentar un consumo responsable. En segundo lugar, e non menos importante, preténdese que todos os nenos do noso entorno poidan disfrutar do día de reis, sen importar as circunstancias persoais ou familiares que o rodeen. 
Para acadar este propósito plantexamos dúas opcións para participar na campaña : aportar xoguetes que se atopen en bo estado na oficina da Cruz Vermella, ou ben depositar a súa colaboración económica nas huchas que están colocadas en diferentes establecementos da vila. Co obtido por estas dúas vías procederase ó reparto de agasallos en vésperas de reis. 

De antemán, un ano máis queremos agradecer a todas as persoas, así como os establecementos que ano tras ano colaboran con estas iniciativas. 
  

Para máis información Tlf. 981 500 589.