ANPA O Formento do CEIP de Arzúa
Rúa Baltasar Pardal, s/n.
15810 Arzúa. A Coruña.
No vindeiro Consello Escolar a dirección do centro proporá modificar para o curso 2007/08 e seguintes o horario da xornada lectiva, as/os rapaces entrarán no centro ás 9.30 da mañá e sairán ás 16.30. Este novo horario non se pode considerar como xornada única xa que, logo do comedor e o recreo posterior, haberá unha hora lectiva.
Para modificar o horario necesítase a aprobación por maioría dos membros do consello (integrado por mestras/es, persoal subalterno, representantes das/os nais/pais e representante do concello) sen necesidade de que esta medida sexa considerada por toda a comunidade escolar, é dicir, non é necesario celebrar unha votación entre as/os nais/pais.
Seguirémosvos informando.