Arzúa cidadán

Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.
R/ Niedereschach, s/n.
15819 Santa María de Arzúa.
CIF.- G15279854
Telf.- 626 070 031
Email:cruceirostamara@yahoo.es
Web: www.cruceirosantamaria.es

"O Cruceiro" elixe Xunta Directiva"

Será o día seis de Abril a unha do mediodía na Casa da Parroquia.

A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa elixe nova Xunta Directiva na Asamblea xeral ordinaria que se celebrará o próximo día 6 de abril de 2008. Unha vez presentado o estado de contas procederase a elección de nova Directiva que estará composta por Presidente, Secretario, Tesoureiro, Contador e como mínimo dous vogais.

"O Cruceiro", creada no ano 1980 e a decana das asociacións veciñais do concello. Na actualidade desempeña a presidencia Alfonso Carril Guerra é Secretario Ramón Torreiro Gonález, tesoureiro Xosé Ramón Mosquera, contador Xesús Bendaña e vogais Xose Manoel Pardo e Luís Seoane.