IES ARZÚA
Rúa do Castro s/n
15810 Arzúa - A Coruña
Telf.: 981 500 527
Fax:981 500 615
E-mail: ies.arzua@edu.xunta.es
Exposición de traballos de alumnado do centro na capela da Madanela
Ao igual que os últimos anos, vai ter lugar na Capela da Madanela, do 2 ao 6 de xuño, a exposición de traballos do alumnado do Instituto para que todas aquelas persoas da comarca que estean interesadas en coñecer ounha pequena parte dos diferentes traballos que o o alumnado realizou ao longo do curso 2007-2008.
Dende aquí, queremos agradecer ao Concello de Arzúa a súa colaboración, prestando un lugar como a Capela da Madanela para realizar esta exposición coa que se pretende sacar unha pequena parte do Iinstituto fora das súas paredes e facer participe dela a pais, nais e veciños para que poidan coñecer algo do que os seus fillos e fillas realizan no Centro. Hai que ter en consideración que non todo o que se traballa pode saír a luz, xa que o ensino é algo do que se ve os seus froitos ao longo do tempo.
Esperando que esta mostra sexa do agrado de todos, queremos xa dar a grazas a todas aquelas persoas que nos visiten, así como ao profesorado que adicará parte do seu tempo en preparala.