Arzúa cidadán

ANPA O Formento do CEIP de Arzúa
Rúa Baltasar Pardal, s/n.
15810 Arzúa. A Coruña.

ANPA O Formento

A Asociación de Nais e Pais de alumnas/os O Formento do CEIP de Arzúa constituíse como unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin:

  • asistir as/os nais e os pais ou titoras/es en todo aquilo que concerne á educación das/os súas/seus fillas/os.
  • colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro escolar.
  • promover a participación das/os nais/pais ou titoras/es das/os alumnas/os na xestión do centro.
  • facilitar a representación das/os nais/pais ou titoras/es no Consello Escolar do centro.
  • fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais da contorna.
  • promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todas/os alumnas/os do centro.
  • requirirlles aos poderes públicos o cumprimento das leis, regras e planos de actuación relativas á educación, conseguindo a atención e axudas que esta merece.
Para o seu cumprimento é obxectivo da asociación promover:
  • actividades formativas, culturais e de estudo.
  • actividades que fomenten a colaboración de nais/pais ou titoras/es coas/cos profesoras/es e as boas relacións entre eles.

Directiva

Presidente:
Cesáreo Xabier Moscoso Fuentes
Secretaria:
Mónica Mouriño Cagide
Tesoureiro:
Carlos Javier Pérez Mejuto
Vogais:
María Jesús López Carril
Fco. Javier Pardo Díaz.

Representante no Consello Escolar:
Carlos Javier Pérez Mejuto

Novas

O vindeiro 28 de maio ás 20.30 a ANPA O Formento reunirase no local da asociación

14/05/2007 13:01 O curso 2007/08 abrirase no mes de setembro con moitos cambios. É o noso deber darvolos a coñecer e ofrecervos a oportunidade de debatelos con outras/os nais/pais. O vindeiro luns 28, ás 20.30, no local da ANPA celebraremos unha asemblea extraordinaria na que trataremos os seguintes temas.