Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.
R/ Niedereschach, s/n.
15819 Santa María de Arzúa.
CIF.- G15279854
Telf.- 626 070 031
Email:cruceirostamara@yahoo.es
Web: www.cruceirosantamaria.es
A Asociación de Veciños de Santa María de Arzúa, creada no ano 1980, tivo como obxectivos pricipais da súa actividade o fomento da cultura, das relacións cidadáns e das melloras económicas dos veciños, pero fundamentalmente protexer e defender aqueles trazos característicos da nosa parroquia para compartilos con outras do noso contorno.
As fastas tradicionais de San Xoán, Magosto e o Banquete do Caldo que cada ano organiza a Orde Caldaria e a Confraría de San Xoán integradas no seo da asociación, son as actividades básicas para divulgar os nosos usos e costumes. Cada ano organízase unha excursión a diferentes localidades de Galiza e particípase na Romaxe de Crentes Galegos. O teatro o cine e os cantares de Reis son outras das nosas actividades.
A asociación tamén é a responsable de reclamar do concello e do alcalde pedáneo cantas melloras deben facer na rede viaria, nas fontes, nos edificios propios do patrimonio parroquial e, en xeral, na mellora das infrestruturas.
Tamén atende cantas reclamacións lle fan os veciños asociados.
Presidente:
Alfonso Carril Guerra.
Secretario:
Ramón Torreiro González.
Tesoureiro:
Xosé Ramón Mosquera Seoane.
Contador:
Manuel Mato García.
Vogais:
Luís Seoane Seoane.
Xesús Pardo Boado.
Xesús Bendaña García.
25/02/2008 12:38 Será o día seis de Abril a unha do mediodía na Casa da Parroquia.