A LENDA DE NARCISO
Imaxe de Narciso de Caravagio, ca. 1595
Hai moitos anos, así o contan os gregos na súa mitoloxía, o Deus do Río Sísifo namorouse perdidamente dunha bela ninfa chamada Liriope, e da súa unión naceu Narciso. Para saber que lle ía deparar o futuro, Sísifo e Liriope foron consultar ó vidente cego Tiresias sobre o futuro do seu vástago.
-¡Vivirá moitisimos anos!, dixo Tiresias, mais .... ¡hai del se algún día ve a súa imaxe reflexada!.
Liriope inmediatamente decidiu retirar da súa casa todos os obxectos que poidesen reflexar a bela efixie de Narciso, que medrou adulado permanentemente por todos os veciños que loubaban a súa celestial beleza.
Con todo a seu caracter non era parello o seu físico e fíxose un raparigo insolente e caprichoso que amosaba moito desd´´en a todas as mozas que o pretendían, un día a súa veciña Aminías declaroulle o seu amor por él e Narciso envioulle a un criado cunha soga como resposta ó atrevemento de Aminías, esta aforcouse coa soga e no seu último suspiro conxurou a todos os deuses do universo para que cando Narciso se namorara dalguén recibira unha resposta similar.
Eran tempos aqueles tamén nos que Zeus contratara a unha ninfa Eco, para que entretivera á súa dona Hera mentres el moceaba co resto das deusas do Olimpo. Así que Eco era unha ninfa parlanchina, e moi alegre. Un día Hera enterouse do asunto e castiga a Eco a non poder falar nunca máis, -¡so poderás escoitar e repetir indefinidamenteó final da frase que escoites!. Eco entristeceuse moito, abandonou o Olimpo e comezou a vagar polos montes.
Un bo día, Eco veu a un rapaz fermosísimo paseando, tan fermoso que quedou fulminada pola sua beleza, seguiuno ata os confins do monte e alí perdeuno, pero esto repetiuse o día seguinte, e o seguinte, un día Eco esvarou detrás de Narciso e este decatouse da súa presencia, - ¿Que fas?, ¿Por que me segues?. - Fas .....Fas.... Segues .... Segues.... contestou Eco. - Bah! ti es estúpida, dixo Narciso, deulle coa man e marchou moi ufano. Estúpida ..... Estupida ....Estúpida ....Eco sentiuse tan ferida por aquel amor non correspondido que se refuxiou nunha cova e deixou de comer e de beber, ata que se fundiu coas rochas da parede.
Pero, mirade como son as cousas a deusa Némesis presenciou a aldraxe de Narciso a Eco e decidiu darlle un pequeno escarmento, interceptouno e provocoulle moita sede. Narciso axiña foi beber a un regato e ó ver o seu reflexo na auga, cousa que como sabedes él nunca vira, quedou repentinamente namorado da súa imaxe reflexada. Pero cando a quería tocar, a imaxe perdíase nas ondas da auga, agardaba a que estas estiveran mansas e outra vez. Hai quen di que Narciso ficou para sempre ó pe do regato tentando tocar a imaxe, outros aseguran que na súa desesperación caeu á auga e afogou, no que si están de acordo todas as ninfas e que no lugar onde caeu Narciso naceu unha flor dourada, con tonalidades brancas, á que, por suposto, bautizaron Narciso.

por Escribano, 05/06/2007 17:21