Portada
O teu escritorio

O ESCRIBANO

De trasgos, fadas, druidas e outras historias.

ELEXÍA Á TERRA NAI

Como xa imos indo para o verán, e non me gustaría ver de novo Galiza como o ano
pasado, arrasada polos incendios, déixovos un pequeno poema que escribín co gallo dos incendios e sobre todo dos incendiarios.
ELEXÍA Á TERRA NAI

Arde Galiza, borralleiro mortal,
de sur a norte, de oeste a leste,
esnaquizan as labradas o Edén Noroccidental.

Xa non hai paporubios, nin gorrións,
marcharon as pombas e as andoriñas,
non aniñan os carrizos,
¡¡pois non poden respirar!!.

Noutrora era souto agora eucaliptal,
que tripea ululante baixo o lume infernal.
E mentres os galegos, novamente,
abafan sedentos baixo Xúpiter colosal.

Morre Galiza porque morren  as fragas,
afoga en faíscas o fogar de Breogán,
Bruxas e meigas e malas fadas,
alquimias malditas do Demo Satán.

Unha, dúas, tres,
Galiza negra quedas,
nin límpidas ondas ruxen no teu mar.
¡Xa non tes Terra!,
                        ¡Xa non tes Fala!,
                                                ¡Non tes Litoral!.

Dano brultal do puro elemento, manipulado polo home,
Se hai galegos que te humillan,
Galiza .... ¡¡deben marchar!!.

Galegos que estades no mundo,
Galegos da terra nai,
emprendede unha cruzada,
para a beleza salvar.

¡Que non volva sofrir Galiza,
baixo as lapas criminais!.
por Escribano, 08/06/2007 10:18 Tags:
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: