A Wikipedia vai venderse nun CD con 2.000 artigos
Unha das maiores enciclopedias que existen no mundo (aínda que ata o de agora só estaba na rede), a Wikipedia, vai comercializarse nun CD que conterá preto de 2.000 artigos. Polo de agora, só será posible adquirila en inglés.
O produto, que polo de agora só se comercializará en inglés, uncluirá un buscador que permita dar de xeito doado coa información desexada. Un dos problemas de "empaquetar" a Wikipedia é que quedan deste xeito anuladas as opcións de actualización. Por ese motivo, incluíronse no CD artigos que non varíen moito ao longo do tempo, especialmente sobre temas como a xeografía ou a literatura.
Se queredes mercala (a un prezo de 14 dólares) podedes atopar máis información nesta web. E eu pregúntome, veremos tamén algún día a Galipedia en CD??

por Santi, 03/05/2007 12:01
Comentarios (1)
pedro
# 4/Maio/2007
# 4/Maio/2007
Non sei se querería ver a Galipedia en CD. Non se supón que a principal vantaxe destas cousas é precisamente que están na rede e todo o mundo pode editalas?
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: