A Wikipedia vai venderse nun CD con 2.000 artigos
Unha das maiores enciclopedias que existen no mundo (aínda que ata o de agora só estaba na rede), a Wikipedia, vai comercializarse nun CD que conterá preto de 2.000 artigos. Polo de agora, só será posible adquirila en inglés.
O produto, que polo de agora só se comercializará en inglés, uncluirá un buscador que permita dar de xeito doado coa información desexada. Un dos problemas de "empaquetar" a Wikipedia é que quedan deste xeito anuladas as opcións de actualización. Por ese motivo, incluíronse no CD artigos que non varíen moito ao longo do tempo, especialmente sobre temas como a xeografía ou a literatura.
Se queredes mercala (a un prezo de 14 dólares) podedes atopar máis información nesta web. E eu pregúntome, veremos tamén algún día a Galipedia en CD??

por Santi, 03/05/2007 12:01
1 Comentarios