A arqueoloxía e os textos antigos mostráronnos as pegadas dos deuses pagáns adorados polos castrexos da antiga Gallaecia; Lug, Cohvetena, Navia, Coso, Bandua, Reve, as Matres, etc.., mais, como nos di Balboa moitas divindades veneradas en Gallaecia como os Lares Viales, as Ninfas, Marte ou Xupiter agochan outras anteriores, ¿puido haber algunha agochada na nosa comarca?.
O sufixo bre ou be, que vén de briga, brix, e significa poboado fortificado en altura, é un dos elementos lingüísticos máis característicos das linguas celtas, é coma a súa carta de presentación.
Fundado polo Papa Gregorio IX no 1231, o Santo Oficio da Inquisiciónfoi sancionado oficialmente polos Reis Católicos en 1482. Torquemada - confesor da reina Isabel a Católica- será o seu primeiro Inquisidor Xeral do Reino, executor político-relixioso destes santos reis católicos, mandou queimar na fogueira a 2000 persoas, organizou a expulsión dos xudeus...
Ben coñecido é que a Historia está escrita, na súa maior parte, pola clase letrada que durante séculos pertenceu ou serviu ás elites dirixentes. No mundo rural, e sobre todo, na Galiza interior, escasea a narración dos feitos históricos dende a voz dos labregos e comerciantes.
Nestes últimos anos estanse publicando os resultados dos estudios arqueolóxicos, que por todo o país se realízan, nun novo florecer da Arqueoloxía Galega.
Ata o ano 69 d.C.?, que se fai cargo do control militar do noroeste a Legio VII Gemina, (con base en León) as operacións militares de conquista e os recrutamentos forzosos na futura Gallaecia, van ser realizadas polas seguintes lexións imperiais:
O estaño na nosa terra sería explotado dende a antigüidade, nun primeiro intre , como vimos no anterior artigo, a través dos afloramentos do metal . Os lingotes de estaño fundidos serían de varias castes, segundo fora para a exportación, con aneis , ou redondos coma moas de muíño e en barras para mercado local.
A famosa casiterita (SnO2) ou cassitéride, como dicían os gregos, é o mineral de estaño máis abundante, é a mena principal de estaño, metal maleable que comunica ao bronce (cobre e estaño) e outras aleacións a facilidade de ser traballados en frío.
O primeiro domingo de setembro celébrase a concorrida Romaría da Nosa Señora do Viso, no monte do Viso, parroquia de Dombodán. Xentes de tódalas comarcas lindeiras acércanse ao santuario da Nosa Señora do Viso, para pedir protección contra as pragas das colleitas e a favor dun bo parto.
O rural galego, e o arzuán en particular, nos comezos do século V é un escenario, xa, totalmente romanizado, as villae de Marogio (Maroxo) e de Antemii (Vilantime), exercerían o seu poder terratenente sobre os cidadáns galaico-romanos da comarca.
Dombodán. De Dominus Bódanus, outro nome latinizado que significa o Deus Bodán: Dominus, señor, amo, Deus. Bódanus, o deus guerreiro xermánico Wotán,Wodan, Bodán, Odín.