Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 8. Bibliografía

                            Bibliografía

Continuar lendo

por gonzo, 28/01/2008 10:52 Tags: bibliografía historia arzúa    1 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 7. Toponímia

 
RESTOS PRERROMANOS E ROMANOS DE INTERESE NA COMARCA DE ARZÚA

Continuar lendo

por gonzo, 28/01/2008 10:44 Tags: 1 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 6

 
AS PEGADAS DOS ROMANOS NA COMARCA DE ARZÚA

Quizais, o legado máis importante que nos deixaron os romanos, desde o punto de vista cultural, foi o da nosa lingua, herdeira do latín popular que as tropas romanas trouxeron a esta terra. Mais, tamén, hai que resaltar o dereito romano, xermolo do dereito occidental.

Continuar lendo

por gonzo, 28/01/2008 10:30 Tags: arzúa    1 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 5

 

A romanización na comarca

A comarca de Arzúa foi unha zona onde a romanización debeu ser destacable. Diversas referencias documentais, vestixios materiais e topónimos da comarca así nolo confirman.

Continuar lendo

por gonzo, 23/01/2008 12:20 Tags: 0 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 4

 
A conquista romana na comarca de Arzúa e a VÍA XIX

A nosa hipótese é que nas tarefas de conquista, planeamento e construción da VIA XIX (que é a primeira e, polo tanto, a máis antiga vía que os romanos construíron na Gallaecia), Agripa e o grupo de xeógrafos e urbanistas que o acompañan nas súas campañas militares, bautizarían os nosos ríos cos nomes destas dúas cidades; Pella e Ysso (tan importantes na historia macedónica), na honra de Alexandro Magno,

Continuar lendo

por gonzo, 22/01/2008 12:41 Tags: 0 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 3

 

Agripa e a Legio IV Macedónica



Dión Casio fálanos da resistencia dos galaicos do interior, aínda, no 16 a.C... No ano 19 a.C., o emperador Augusto mandou, para conquistar o norte Tarraconenses á Lexión IV Macedónica* e ao fronte dela;  Marco Vipsanio Agrippa ( 63 -12 a.C.), amigo, xenro e correxente do emperador, implacable xeneral e gran administrador que mandou construír o Panteón, saneou e urbanizou  Roma e que con varios estudiosos preparou un Mapa Xeral do Imperio (Orbis Terrarum) no que se basearían Estrabón e Plinio para os seus traballos.

Continuar lendo

por gonzo, 21/01/2008 10:18 Tags: 1 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 2

 

A conquista da Tarraconenses occidental

 O primeiro paso que dá Roma na Galicia actual é o da conquista. Ao norte do río Douro, a futura Gallaecia* é un territorio inhóspito para os estranxeiros, é o finis terrae* do mundo coñecido. A súa orografía e a resistencia nun primeiro momento da poboación castrexa, fai da nosa Galicia un dos últimos bastións non romanizados do mundo occidental.

Continuar lendo

por gonzo, 20/01/2008 10:51 Tags: 1 Comentarios

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 1

  Pela - Iso, unha orixe romana
Aló polo ano 2001, durante o proceso de fundación da Asociación Ánxel Casal de Arzúa, unha das nosas arelas foi tomar contacto coa familia de Ánxel Casal en Pela, Vilantime (Arzúa) e expoñérllelos obxectivos da asociación que acababa de nacer. Alí, en Pela, detiveron as hordas fascistas no ano 36 a Ánxel Casal, impresor, editor e último alcalde galeguista de Compostela.

Continuar lendo

por gonzo, 17/01/2008 13:22 Tags: 1 Comentarios