Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

É curioso, logo de anos, dáste de conta de que o que estudaches nesas escolas tan académicas e españolistas, ocultaban a existencia do primeiro reino cristián da Idade Media o Reino Suevo de Galicia. Un reino que se creou sobre a base territorial da provincia romana da Gallaecia. Aquela Gallaecia que no século IV d.C., o labor pastoral de Prisciliano, (o primeiro martir, executado pola Igrexa Católica) colocouna no centro do debate mundial da nova fe.
Hoxe, temos moitos datos históricos que avalan a certeza de que Galicia era un gran país respectado por francos, visigodos, musulmáns..., precisamente os cronistas musulmáns referíanse a Jalikiah ou Chaliquia (Galicia) para falar do territorio cristián, ben avanzada a Idade Media. Por arte de maxia, os historiadores españois traducíano coma reino de León.
Tamén por arte de maxia, o que os historiadores romanos nomeaban como galaicos os lumbreras españois traducíano coma cántabros, en fin, durante anos ocultaron a nosa historia. Eiquí, nestas páxinas imos a falar de historia de Arzúa e por extensión de Galicia.Tamén de cultura, ecoloxía, diversión, turismo, e unha migha de cousas da vida como dicía Castelao.
gonzo@arzuacidadan.net
por gonzo, 11/11/2007 21:24 Tags:
Comentarios (1)
gonzo
# 16/Decembro/2007
O mapa corresponde a división provincial do emperador romano Diocleciano no 305 d. C.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: