Arzúa non foi Araduca
É unha evidencia que a historia de Arzúa está escasamente estudiada e, ademais, malinterpretada por anteriores eruditos.
É unha desgracia que a orixe da vila de Arzúa teña institucionalizado un erro incomprensible na ciencia historiográfica.
Observar cara o sur do mapa de Ptolomeo

A orixe do topónimo (nome de lugar) de Arzúa nada ten que ver con Araduca, esta era un lugar sito preto de Porto (Portugal). Este erro vén de querer identificar a similitude do topómimo Araduca recollido polo xeógrafo Ptolomeo na súa Xeografía do século II d.C. (capítulo VI, táboa II) coa Arzúa actual.
Ptolomeo dinos que Araduca está poboada por galaicos brácaros e estes campaban pola zona da actual Portugal que queda entre o Miño e o Douro, Araduca estaba situada case na fronteira coa antiga Lusitania.
Varios autores, teñen estudiado o noso topónimo de Arzúa, entre eles Manuel C. Díaz y Díaz e Mª Concepción Fernández López.
Díaz y Díaz, propónnos unha orixe no vocablo latino argia, -mato- (en galego arxe, palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso), de certa profusión no Noroeste peninsular do século VII. A orixe do topónimo de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome sería Arxúa co tempo castelanizaríase por Arzúa.
Fernández López, comeza o seu estudio por A-Re-Sua ou: aream sudam: espacio soleado, Ara-súa, cre Férnandez que a denominación parece apuntar a un fundo agrícola de asentamento romano (finca en renta ou propiedade ben orientada ao sol) que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX.
Nós, inclinámonos pola proposta de Díaz y Díaz, xa que como el nos dí, a arxúa sería unha zona extensa que co tempo dou nome a dúas parroquias; Santa María e Santiago. Ademais, a zona, se se refire a Santiago de Arzúa a actual capital do municipio, non debería ser a máis apropiada para establecer un fundo agrícola, tendo terras moito mellor regadas e máis productivas cara a Lema ou Burres.
En conclusión, en Arzúa, de Araduca só hai unha placa dunha fundación que levaba tal nome no edificio da Radio, e que, seguramente, estará buscando a súa identidade por lares lusitanos.
Ata sempre e bo proveito.
BIBLIOGRAFÍA
- DÍAZ Y DÍAZ, M.C. Propuesta etimológica para el topónimo Arzúa. Homenaxe a Ramón Lorenzo/ Edición de Dieter Kremer. Vigo, Galaxia, D.L. 1998. P. 923-927
- FERNÁNDEZ LÓPEZ, Mª.C. Palas (de Rei): Palatii/Parias; Paraxúa; Arzúa. Iacobus: Revista de estudios del Camino de Santiago. Sahagún (León).2005.P.99-107
gonzo@arzuacidadan.net

por gonzo, 14/11/2007 22:24
Comentarios (1)
gonzo
# 15/Novembro/2007
# 15/Novembro/2007
Estou intentando subir o mapa de Ptolomeo, e non hai maneira, sinto moito, igual é moi pesado para este blog.
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: