Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Bandeiras galega e española

Hoxe en día, cando a dereita española arma unha campaña de exaltación desaforada da súa bandeira, nós cremos conveniente o estudio da súa historia, e ademais, a historia da nosa branca e azul, vexamos..,
España
A bandeira española
institúea o monarca da dinastía francesa dos Borbóns Carlos III (1785), cos cores de hoxe, encarnada e amarela, para os buques de guerra. Está só tiña representación real no exército. O carácter de bandeira nacional española tomou carta de natureza co Real Decreto do 13 de outubro de 1843, Isabel II instáuraa coma bandeira da monarquía. Na República adapta as tres cores vermello, amarela e violeta. Co golpe militar de Franco, no 1936, imponse, de novo a encarnada e amarela.
O escudo do aguilucho será o dos Reis Católicos (uns santos dos que hai que falar polo miúdo), que recupera o goberno golpista de Franco. No 1981 cámbiase polo escudo constitucional.
O himno español é unha marcha militar que Federico II de Prusia regalou ao monarca borbón Carlos III.
Máis en: www.ejercito.mde.es/ihycm/cursos/vexilologia/histobandera.htm . www.la-moncloa.es/España/ElEstado/Simbolos.  
Galicia
O escudo do Santo Graal
, o cáliz do sangue de Cristo foi a bandeira e escudo de armas utilizadas para representar o Reino de Galicia a lo menos dende o século XIII.
Como símbolo cristián, representa ao Santo Graal que garda o sangue de Cristo, sendo reforzado polo excepcional privilexio histórico da Igrexa de Lugo de poder mostrar publicamente a Hostia ou corpo de Cristo; pola tradicional lenda da milagre do Cebreiro. Como símbolo pagán, a Hostia que baixa camiño do cáliz simboliza o sol antes de morrer no mar, onde remata a terra. Nas antigas relixións atlánticas e indoeuropeas, o deus sol morre no mar e é levado en barco cara o fin do mundo, para volver a reaparecer ou volver da morte ao día seguinte. O solpor no mar é a Hostia que se afunde no cáliz, é unha representación milenaria galega, unha representación do Camiño ao fin do mundo (hoxe Camiño de Santiago), a fisterra.
O Santo Graal aparece documentado por 1ª vez coma armas do Reino de Galicia en el Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Neste armorial aparecen as armas dos Reis de Galyce como tres griales sobre campo de cor azul, en disposición y cores semellantes ás armas do Reino de Suecia, tamén, aparece no Armoorial Bergshammar (Suecia,1436), no Armorial Gymmisch (Flandes, 1445).
O Graal foi primeiramente o símbolo dos reis galegos medievais, na Idade Moderna pasou a ser un blasón do escudo xeral dos reis de España que tamén eran reis de Galicia. As múltiples cruces foron añadidas no século XVI.
A bandeira do Reino Suevo de Galicia (Galliciense Regnum): Pérez Constanti nas súas Viejas notas Galicianas (1927) recolle o seguinte texto: En sesión del 15 de febrero de 1669, los representantes de las siete províncias del muy noble y leal Reyno de Galicia , se debate la carta enviada por el cabildo Catedral de Lugo. De aquí tuvo principio y se originó borrar el Dragón verde y León Rojo (armas de los reyes suevos que al tiempo tenían en este Reyno su corte), y trasladar al dorado campo del escudo de sus armas, la hóstia no dentro de vaso sacramental...
A actual bandeira azul e branca, foi institucionalizada pola emigración cubana (coma o himno). As súas características son publicadas no Eco de Galicia, A Habana no ano 1898 (vaia ano), os emigrantes inspiráronse na bandeira da Comandancia Naval da Coruña, principal porto de saída dos emigrantes galegos do século XIX. A representación moderna e oficial do escudo galego foi fixada no ano 1972 pola Real Academia Galega. A RAG propuxo á Xunta de Galicia conservar a memoria da bandeira galega antiga dentro da bandeira galega moderna

En fin, comparemos só a través destes símbolos, que país ten historia e cultura propia.

Máis en: www.Bandeiragalega.com.  www.xenealoxia.org.  
Ata sempre e bo proveito.
por gonzo, 25/11/2007 12:49 Tags:
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: