Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Arzúa e Galicia nos mapas antigos

  Os mapas antigos son documentos gráficos que aportan datos históricos moi revelantes e nos indican o grado de relevancia dos diferentes países ou lugares.
  Os mapas e diagramas medievais non ignoran a Galicia, así denominan á extensa zona noroccidental da península, que se correspondería co reino cristián, mentres a zona do Al-Andalus é chamada Hispania.Un mapa elaborado en San Millán de la Cogolla (ano 946), ignora Hispania e só destaca o nome de Gallecia.     Beato de Liébana, a finais do s. VIII, incluíu un vistoso mapa nos seus Comentarios ao Apocalipse, reproducido logo en varias ocasións (Burgo de Osma - 1086, Saint-Sever - s. XI), estes reproducen o mesmo esquema; reino cristián = Galicia, reino musulmán = Hispania. O abade de Ripoll autor doutro célebre mapamundi (ano 1056) divide a parte cristián entre Gallicia e Tarragonenis.
 Os mapas extranxeiros seguen esta mesma pauta, un mapa inglés contido na Imago Mundi de Henrique de Mainz, do s. XII, reproduce a Galicia (onde se destaca a Catedral de Santiago) ocupando o extenso noroeste e Hispania o resto. O Bierzo formou parte de Galicia ata 1486, os Reis Católicos expropiáronllo aos Condes de Lemos, así a todo, na cartografía, seguiu pertencendo a Galicia durante moitos anos.
Na idade moderna continúa a representación do Reino de Galicia, é nesta época cando atopamos a Arzúa nos mapas antigos.Hai pouco nunha exposición sobre mapas antigos no Museo do pobo galego, observamos en varios deles os nomes de Arzúa e Melide.O Mapa de Abrahan Ortelius, cartógrafo de Filipe II (Amberes 1527), Regni Hispaniae post onmium editiones locuplessima descriptio do 1598, destaca en Galitia a vila de  Mellid.No mapa Descripción del Reyno de Galizia (1609) do mesmo autor, aparecen representadas Arzúa e Mellid con simboloxía de vilas importantes. No mapa Totius Hispanie nova descriptio (1633) de J. Hondius (1606), xa aparecen máis perfiladas as fronteiras, incluíndo coma todos os anteriores O Bierzo dentro de Galicia.
O que debemos destacar destes mapas é que a simboloxía das poboacións (en todos aparece Santiago de Compostela representada pola Catedral) nos mostra a importancia que tiveron Arzúa e Melide na Idade Media e Moderna gracias, sobre todo,  ao Camiño de Santiago. Como curiosidade resaltar que ambas poboacións galegas estaban representadas por símbolos de vilas, Madrid, por exemplo, aínda non tiña esa consideración.  Ata sempre e bo proveito.
Para ver mapas:         http://www.todocoleccion.net/ .  http://www.soleryllach.com/.
BIBLIOGRAFÍA: LOPEZ CARREIRA,A. O Reino medieval de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2005NOGUEIRA ROMÁN, C. A memoria da nación o Reino de Gallaecia. Ed. Xerais. Vigo 2001. gonzo@arzuacidadan.net.
por gonzo, 29/11/2007 23:34 Tags:
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: