Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Lendas, Fontes e Deuses en Arzúa 2

 
              Son moitas as evidencias que testemuñan a pervivencia no folclore galego dunha serie de ritos, prácticas e lendas, de orixe anterior á chegada do cristianismo no noroeste da península, e que foron, dunha ou outra forma, conservados ata os nosos días.       San Martiño de Dumio, na súa obra De Correctione Rusticorum, menciona as prácticas rituais dos campesiños que botaban pan ás fontes, iso mesmo vemos que acontece no caso das Lenda da Fonte Pormá  da Castañeda ou a Lenda da Fonte da Quenlla ver: www.arzuacidadan.net/memoria/index.php/lenda_da_fonte_da_Quenlla. como método de encantalas; "¿Velaquí qué clase de promesa e de profesión de fe tendes en Deus?... Pois acendede velas xunto ás pedras, ás árbores, ás fontes e nas encrucilladas, ¿Qué outra cousa é senón o culto ao diaño?... Derramar gran e viño no lume e botar pan nas fontes...".      Como vemos o texto non ten desperdicio fálanos da costume antiquísima de acender velas nas árbores que, hoxe en día, aínda se fai polo Nadal coa árbore de Nadal, a costume de Augas de Reboredo en Santiso, de acender lumieiras nas noites e tomar os baños nos fai pensar nunhas arraigadas tradicións que teñen as súas raizames nestes ritos pagáns prerromanos dos que nos fala Martiño de Dumio. É evidente que na Fonte Santa, debéronse producir este tipo de ritos, o que obrigaría á Igrexa a absorber e cristianizar este lugar coa construción da Capela da Fonte Santa e a recondución dos ritos paganos coa implantación da romaría no outono, no mesmo lugar onde se realizaban os ritos.       O sonado encantamento que converte a moza en serpe do que nos fala a outra lenda de Fonte Pormás ponnos ante un dos símbolos máxicos máis estendidos da antigüidade; o da serpe. A serpe neste caso , é símbolo do infrahumano, do extra-cultural, que só co proceso de integración derivado da superación da proba polo protagonista (cando o consigue) trócase en ente verdadeiramente cultural baixo a forma de muller fermosa. A asociación muller-serpe está testemoniada en Europa dende o Neolítico; o triunfo do heroe varón na proba supón a vitoria contra as forzas do mal e a conseguinte conquista da felicidade.      
BIBLIOGRAFÍA:
  • VAQUEIRO,V. Guía da Galiza Máxica. Vigo, Editorial Galaxia, S.A.,1998.
  • GONZÁLEZ SOUTELO,S. As augas mineromedicinais en época prerromana e romana na provincia de Pontevedra, X Premio de Investigación 2005 Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga, 2005.
  • CUBA, X. - REIGOSA, - A. MIRANDA, X. Diccionario dos Seres Míticos Galegos. Vigo, Edicións Xerais, S.A.,1999.
  • ARES GÜIMIL, T. VILA GONZÁLEZ, MªX. Guía de balnearios e fontes de Galicia. Vigo, Ed. Galaxia, 1996.
  • CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.
  • CABEZA QUILES, F. Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 1992.
  • CACHEDA VIGIDE, E.A. La religiosidad popular en Galicia. El municipio de Arzúa. Santiago, Concello de Arzúa, 1991
Ata sempre e bo proveito   
por gonzo, 16/12/2007 20:09 Tags:
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: