Gallaecia e Hispania, invencións e mentiras históricas 2
A teoría anti-científica da Reconquista, hoxe en día, está desmontada pola ciencia histórica. Esta invención é creada a partires do século XIX, polos seudo-historiadores españois (sobre todo Modesto Lafuente en 1850).
Mariana e Flórez eclesiásticos ambos, historiadores dos século XVII e XVIII, non utilizan nunca o concepto de Reconquista nas súas historias de España, consideraban as monarquías musulmáns parte desa España historiada. Pero hai máis, xa Vicceto e Murguía no s. XIX, caen na conta de que non existe o chamado reino de Asturias. As crónicas da época fálannos do Reino de Galicia, a invención dos reinos de Asturias e León están basados en documentos rexios, moitos falsificados, onde os reis asinan coma reis en Oviedo ou León, sendo normal dende a antigüidade asinar na capital do reino ou imperio.Os emperadores e reis asinan como tales en Roma, Oviedo ou León, mais, toda a humanidade e as crónicas da época son conscientes de que se fala dun Imperio Romano e dun Reino e Imperio de Galicia.As crónicas son ben explícitas:
- O rey Alfonso VI segundo as crónicas anglo-normandas de Guillermo de Malmesbury era denominado como: Aldefonso Gallicae Regie.
- A raíña Urraca era descrita como Totius Gallaetia Domina.
- A Alfonso III, as cronicas árabes coma as galegas e as asturianas chámanlle; Rei de Gallaecia, só din que descendia de Pelayo... non que fora o rei de Asturias.
- O rei Vermudo é: "Vermudus imperator domus in Gallaecia" segundo os navarros.
- LÓPEZ CARREIRA, A. O reino medieval de Galicia, Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2005.
- NOGUEIRA ROMÁN, C. A memoria de Nación, Ed. Xerais. Vigo,2001.
por gonzo, 20/12/2007 12:19
Comentarios (1)
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: