Coporos, os habitantes dos castros da comarca de Arzúa
O populus que habita a rexión comprendida entre Iria-Flavia e Lugo no interfluvio dos ríos Ulla e Tambre, e por extensión a comarca de Arzúa, chamábase o pobo coporo ou caporo, (Ptolomeo e Plinio o Vello fálannos deles) estaba integrado por unha serie de sub-comunidades, os castella (castros).
É un pobo, con certa organización social, viven nos castros e a súa economía basease na gandería, a caza e unha precaria agricultura, traballaban o ouro, a prata, o bronce e o ferro. Non nos deixaron documentación sobre as súas costumes e organización social, mais, o descubremento dunha estela funeraria na cidade de Lugo (Lucus Augusti), indícanos a consideración de Príncipes coporos que os romanos lle otorgaban aos seus dirixentes. Anneo Floro,describe o plan que tiñan Augusto e Agripa para o mantemento da paz na futura Gallaecia. A paz foi resultado dun pacto entre emperador e xefes indíxenas. A cambio de que os romanos puidesen vivir en paz nos campamentos e nas cidades, os príncipes castrexos tiñan a xefatura e autoridade do territorio, do que se deduce a capacidade de organización e defensa de varios populus galaicos que forzan a pactar ao Imperio Romano. Na nosa comarca tivo que haber algún castra aestiua (campamentos romanos de marcha), vicus (aldea romana), ou villae ( vila romana), o estudio de A Conquista romana na comarca de Arzúa, de próxima publicación neste blog, nolo demostra.
A nosa comarca tivo que estar moi poboada e, ademais, debeu ser unha zona de gran importancia no populus coporo, só no concello de Arzúa, hai 22 castros catalogados. O que está claro, e que estamos nun concello onde a organización da sociedade castrexa é antiquísima, e viríase xestando a súa conformación dende uns 700 anos a.C., cando as oleadas de individuos celtas da Europa central fusionáronse cos antigos nativos arzuáns. As nosas lendas da Fonte da Quenlla, de Fonte Pormás, Fervenza das Horta..., e a cristianización de fontes coma a de Lardeiros e a Fonte Santa, indícannos as crenzas e ritos que os nosos antergos practicaron a través dos tempos, e tan profundamente arraigaron nas nosa cultura que aínda, hoxe en día, temos constancia delas.
Ata sempre e bo proveito. gonzo@arzuacidadan.net.

por gonzo, 22/12/2007 21:27
Sen comentarios
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: