A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 5
A romanización na comarca
A comarca de Arzúa foi unha zona onde a romanización debeu ser destacable. Diversas referencias documentais, vestixios materiais e topónimos da comarca así nolo confirman.
O primeiro que chama a nosa atención é a cantidade de minas romanas que hai espalladas polas parroquias achegadas a Pela[1]; cinco na parroquia de Lema, tres en Dombodán, dúas en Viñós, unha en Brandeso, unha en Pantiñobre e outras tres na parroquia de Viladavil ao norte da Vía XIX, cara a Cidadela. A partir do século II d.C. coa reforma administrativa dos Flavios os procuradores (cargo civil administrativo relacionado co fisco imperial) estaban auxiliados por procuratores metallorum, libertos imperiais (moitos de procedencia militar) encargados directamente do control da explotación mineira. Tranoy na súa obra La Galice Romaine,1981, localiza un destes libertos instalado en Castrofeito (O Pino) onde había un casal*. En Ponte Puñide, Gonzar atopouse unha medida de capacidade de bronce do s. IV d.C., por esta zona sitúa J.Sánchez-Palencia un xacemento primario de ouro. Topónimos como Calzada (Burres), León (Oíns), As cinco Calles (O Campo) ou apelidos coma Verea e Casal falan por si sos da súa orixe romana.
O camiño sur das minas romanas pasaría por Lema que sería, pois, unha parroquia máis antiga que Santiago e Santa María de Arzúa (ver Arzúa non foi Araduca neste blog), logo seguiría cara a Marogio (Maroxo)[1], Pella (Pela) e Courium (Sardecoiros), os tres lugares de clara influencia romana, o que nos indica que esta sería a zona onde a presenza do continxente romano, nun primeiro momento da conquista, foi máis importante. Isto é debido en primeiro lugar á explotación mineira (as quince minas romanas da zona así o testimonian), ademais, era unha zona poboada dabondo para cumprir coas necesidades de man de obra (oito castros). En segundo lugar, a producción de trigo na Gallaecia foi sempre deficitaria, un problema para o imperio romano que tratou de solucionar coas pratas*, outros productos como o liño, por exemplo, con fonda tradición na comarca, foi un tecido moi apreciado en Roma, ámbalas dúas cuestións deberon ser determinantes para o establecemento dos romanos nos dous enclaves de Pela (posiblemente un casal ou vicus*) e Maroxo. Ambos vales están convenientemente regados polos ríos Brandeso, Ysso e Pella, o que favorecería, ademais, a cría de cabalos das correspondentes centurias romanas (unha lexión solía constar de 300 xinetes).
A administración imperial deseñada por Augusto e Agripa estaba controlada rixidamente polos fieis libertos imperiais, estes tres enclaves romanos onde Maroxo e Vilantime (ver: Vilantime, a villae dun grego, neste blog) deben ser as entidades de maior rango (veñen reseñadas coma villae* nos textos antigos), pertencerían á administración militar romana, en Pela , Maroxo ou Vilantime as tres dedicadas tamén á agricultura, residiría, co tempo, posiblemente, un procuratore metallorum, encargado do control das quince minas do redor, en Sardecoiros produciríase o coiro necesario para abastecer a zona.
Os habitantes dos castros do entorno serán nun primeiro momento escravizados polos lexionarios para realizar os traballos máis pesados (construción de calzadas, minas, etc..), tamén, serían enrolados nas lexións e obrigados a baixar aos vales para practicar a agricultura, comezando a explotación agropecuaria do campo. No caso de Pella as excelentes condicións climáticas, a fertilidade do solo, así como, a busca de estaño e ouro na zona, deberon ser a motivación para a fundación dun enclave romano.
Pouco a pouco, paralelamente ao abandono paulatino dos castros pola poboación indíxena, vaise producir, primeiro, o inzamento dos campamentos romanos, e, despois, a creación de villaes, casais, vicus, onde co transcorrer do tempo a poboación castrexa ficará asimilada dentro da estructura social romana, máis tarde, nos comezos do século III d.C. o Emperador Caracalla concede a cidadanía romana a tódolos homes libres do Imperio, culminándose o proceso de integración social na Gallaecia.
Ata sempre e bo proveito. gonzo@arzuacidadan.net
[1] López Ferreiro recolle na Historia de la S.A.M.I. Catedral de Compostela este topónimo das fontes antigas.
[1] Catálogo de Patrimonio arqueolóxico e histórico do PXOUM do Concello de Arzúa 2006

por gonzo, 23/01/2008 12:20
Sen comentarios
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: