A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 6
AS PEGADAS DOS ROMANOS NA COMARCA DE ARZÚA
Quizais, o legado máis importante que nos deixaron os romanos, desde o punto de vista cultural, foi o da nosa lingua, herdeira do latín popular que as tropas romanas trouxeron a esta terra. Mais, tamén, hai que resaltar o dereito romano, xermolo do dereito occidental.
Na arquitectura aportáronos as construccións a dúas augas e a utilización da tella para a cubrición de tellados. O arco de medio punto, a bóveda de canón, as pontes, os muíños, os fornos de pedra, as canalización das augas, etc... A horrea agrippina, curiosamente, unha idea do noso xenial arquitecto e xeneral Marco Agripa, será a orixe dos nosos hórreos. Aos romanos debemos, tamén, a introducción dos castiñeiros, o arado romano, a pesa romana (aínda se ve algunha nas feiras), o viño, o trigo (os castrexos facían unha especie de pan de landras), o centeo, etc...Nos costumes e cultura da comarca as pegadas dos romanos son doadas de espreitar; o excelente queixo, a afección polos cabalos, o traballo do coiro, o gusto pola caza, a elaboración do pan, todas elas costumes moi arraigadas nos arzuáns que se traducen, hoxe en día, na sonada Festa do Queixo, a Feira do Cabalo, a Feira dos Cans de Caza, o Museo do Coiro, As Xornadas do Pan...
- Miliario: Columna ou padrón de pedra. Na maioría das veces fan de marco quilométrico das vías romanas.- Populus: Pobo ou grupo de comunidades galaicas agrupadas baixo un nome e afincadas nun territorio ou comarca común.- Pratas: Parcelas pertencentes a unidades lexionarias e de tropas auxiliares concedidas directamente polo emperador- Toponímia: Disciplina que estudia os nomes dos lugares. T. Maior; vilas, aldeas, ríos. T. Menor; casas, leiras, regatos.- Vicus: Aldea romanas. Moi ligadas ao proceso de conquista- Villae: Mansión romana rurais ligadas normalmente a explotación agraria.
GLOSARIO
- Arxúa: Zona de abundante arxe- Casal: Enclave viario de dúas casas pegadas para servicio de viaxeiros.- Epigrafía: Ciencia auxiliar da Historia, que estudia as inscricións e textos sobre pedra e metal.- Gallaecia: Provincia romana a partir do 305d.C.. Dividida anteriormente nos Conventos Bracarense (capital; Braga), Lucense (capital; Lugo), Asturicense (capital; Astorga).- Finis terrae: Fin do mundo coñecido.- Legio IV Macedónica: Lexión creada no 48 a.C. por Xulio Cesar, partidaria do futuro emperador Augusto fillo adoptivo do anterior, estacionada nos seus inicios na provincia romana de Macedonia, composta por preto de 5000 homes.- Miliario: Columna ou padrón de pedra. Na maioría das veces fan de marco quilométrico das vías romanas.- Populus: Pobo ou grupo de comunidades galaicas agrupadas baixo un nome e afincadas nun territorio ou comarca común.- Pratas: Parcelas pertencentes a unidades lexionarias e de tropas auxiliares concedidas directamente polo emperador- Toponímia: Disciplina que estudia os nomes dos lugares. T. Maior; vilas, aldeas, ríos. T. Menor; casas, leiras, regatos.- Vicus: Aldea romanas. Moi ligadas ao proceso de conquista- Villae: Mansión romana rurais ligadas normalmente a explotación agraria.
por gonzo, 28/01/2008 10:30
Comentarios (1)
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: