Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

A CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA 7. Toponímia

 
RESTOS PRERROMANOS E ROMANOS DE INTERESE NA COMARCA DE ARZÚA
 
  • - Vía XIX de Boente a Calzada coincidente co Camiño de Santiago
  • - Cidadela (Sobrado dos Monxes)
  • - Mina romana do Burato dos Mouros da Trapa (Viladavil)
  • - Castro Curbín
  • - Camiño e ponte medieval de Ribadiso (no seu orixe romano)
  • - Miliario* de Boimorto







TOPÓNIMOS ARZUÁNS DE ORIXE PRERROMANA



  • - Burres. Do celta bur-r, Buro,Burro, tamén nome propio referido á divinidade solar; o gran vermello (o sol), os romanos latinízano como burrus rubio, vermello. Da mesma raíz, temos o castelo de Burriac en Cabrera (Barcelona) ou Burey e Bury, en Francia.
  • - Maroxo. De Marus, Maro nome propio de persoa de orixe celta. Evolucionou do Mar+óg+ium latinizado ao Marogio medieval ata o Maroxo actual.
  • - Pantiñobre. Terminado en bre procede da forma celta brix, que significa poboado fortificado en altura (castro).
  • - Baiobre. Igual que o anterior.
  • - Cortobe. O seu sufixo tamén parece proceder de bre
  • - Lema.Provén dunha base moi antiga precéltica lim, seguramente emparentada con , "lama, lodo"


TOPÓNIMOS ARZUÁNS DE ORIXE ROMANA

 
  • - Pela. De Pella (Macedonia)
  • - Iso. De Ysso (antiga Turquía)
  • - Ribadiso. Significa; enriba, na beira do Iso
  • - Calzada (Burres). De calzada romana (VIA XIX)
  • - León (Oíns). De legio (lexión)
  • - Vilar. De villae, aldea pequena, lugar. Conxunto de terras de labradío.
  • - Vilasuso. A segunda parte suso provén do latín sursum, arriba, no alto. Significaba pequena aldea no alto
  • - Suso. Igual orixe que a anterior.
  • - Viso, O. Provén do latín visu, ver, contemplar.
  • - Peroxa, A: Perogia nos textos antigos, vería de parochia; centro de aprovisionamento, onde se ubicaba o Parochus, provedor dos maxistrados durante unha viaxe, anfitrión. De once Peroxas localizadas en Galicia; cinco están no traxecto da Vía XIX BRAGA-ASTORGA, na comarca, dúas na Vía XIX e outra no camiño do Campamento de Cidadela, das seis restantes, tres están en vías secundarias romanas e as outras tres en zonas de probada romanización.
AUTOR DA CONQUISTA ROMANA NA COMARCA DE ARZÚA: Celso Alberte Magariños Costas
por gonzo, 28/01/2008 10:44 Tags:
Comentarios (1)
gonzo
# 28/Xaneiro/2008
A imaxe corresponde ao Val de Pela

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: