Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

O Camiño Primitivo de Santiago e a VIA XIX romana en Arzúa 2. A Peroxa

      Outro indicativo do paso da VIA XIX pola comarca de Arzúa son os topónimos romanos relacionados coas vías romanas:   Calzada (Arzúa),  As Cinco Calles ( O Campo). Mais un topónimo que chamou poderosamente a nosa atención foi  A Peroxa (Perogia nos textos antigos).
      As vías romanas eran as autovías antigas, tiñan que ter as súas infrastructuras viarias perfectamente estructuradas, xa que, nos primeiros intres da conquista o Imperio Romano vai  ter un control case empresarial sobre estas redes de comunicación, as parochias serán os centros de aprovisionamento, onde se ubicaba o parochus, anfitrión, provedor dos maxistrados durante unha viaxe.     No substantivo Parochia: o "a" é breve, por iso tende á síncopa e é fácil que se reconstrúa o "e" en.. Peroxa. Se nos acercamos á Peroxa da parroquia de Burres, Arzúa, xunto a Cortobe e falamos cos veciños e veciñas escoitaremos pronunciar algo así coma A Proxa. Máis curioso, de once Peroxas  localizadas no país, todas co artigo "A" diante;
  • 1- A Peroxa (Ourense), pasaba a Vía Aquas Flavias-Lucus.
  • 2- A Peroxa Vella (A Peroxa-Ourense), pasaba a Vía Aquas Flavias-Lucus.
  • 3- A Peroxa (Lamas- Moraña), vestixios romanos.
  • 4- A Peroxa (Carracedo-Caldas de Reis- Pontevedra), pasaba a Vía XIX?.
  • 5- A Peroxa (Boente- Arzúa) antes de Boente preto da capela de Rocamador de devoción francesa. Pasaba a Vía XIX?.
  • 6- A Peroxa (Burres-Arzúa). Pasaba a Vía XIX?.
  • 7- A Peroxa (Taboi-Outeiro de Rei) pasaba a Vía XIX?.
  • 8- A Peroxa (Portas- Pontevedra). Na vía XIX?
  • 9- A Peroxa (Moreda- Monforte de Lemos). Na vía Dactonium, secundaria romana que comunicaba a conca do Sil con a conca do Ulla, conectando coa Vía XIX?. Zona de importantes vestixios romanos. Ponte romana sobre o Cabe.
  • 10- A Peroxa (Mera de Arriba- Ortigueira- A Coruña). Zona con vestixios romanos.
  • 11- A Peroxa (Os Ánxeles- Boimorto). No camiño secundario romano que uniría Arzúa co Campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes)?.
cinco están no posible traxecto da Vía XIX BRAGA-ASTORGA. Na comarca de Arzúa  tres, dúas na Vía XIX e outra no camiño do Campamento de Cidadela, das seis restantes, tres están en vías secundarias romanas e as outras tres en zonas de probada romanización.     
     Os topónimos dos ríos Pella e Ysso, son referencias claras ao primeiro momento da conquista romana( ver: A conquista romana na comarca de Arzúa neste blog), . Nárdiz fálanos da peculariedade da ponte romana do Camiño en Ribadiso (Arzúa), desta ponte temos referencias documentais do ano 572; Decimus vero Nalare dictus finitur apud pontem de Isso. E. Sagrada. LXXXVI, ap. V.
      Outro dato a ter en conta é o descubrimento do miliario de San Romao de Retorta (parroquia de Guntín), adicado a Calígula do 40 d. C (curiosamente encontrase no Museo de Astorga, no seu lugar atópase unha réplica), ver: http://www.galiciadigital.com/pcd/Caminos/index.php?p=etapa:11&lang=es , e a Ponte romana de Cabalar (http://www.ayuntamientodeguntin.es/content/view/19/46/1/6/lang,gl_ES/) que libra o río Ferreira un pouco máis adiante, certifican a coincidencia do Camiño Primitivo e a VIA XIX ao seu paso polo Concello de Guntín. A ponte romana de Ferreira de Negral (Palas de Rei) volve a cruzar o río Ferreira e lévanos seguindo o Camiño por Vilouriz (Toques), e logo Melide cara Arzúahttp://www.javiergomez.org/modules.php?name=coppermine&file=thumbnails&album=1 .
      Hoxe en día, varios autores non dubidan da autoría de Agripa na elaboración  dos famosos censos dos populus da Gallaecia, o equipo de Agripa estaba composto de 240 expertos, en xeografía, arquitectura, enxeñería, etc.., serán eles quen bauticen os nosos ríos máis importantes; Miño, Sil, Ulla, etc...e sería a Legio IV Macedónica a que abriría o camiño da romanización na nosa comarca co trazado da VIA XIX. Ver: http://www.viasatlanticas.org/.
Autor: Celso Alberte Magariños Costas
celsomagarinhos@mundo-r.com
por gonzo, 23/02/2008 22:10 Tags: A Peroxa   
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: