Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Cousas de Gonzo

 
Recibimos no correo electrónico unha interrogante sobre o nome deste blog.
    Gonzo, efectivamente, non se refire a ningunha acepción do idioma castelán, o noso gonzo refírese a ese aparello, que xa utilizaban os nosos castrexos, e que fai que as portas abran. Esa é a nosa razón de ser.
   A nosa cultura e por suposto a nosa historia é a gran descoñecida no noso país, somos o que somos porque, ata aquí, pasamos por un sen fin de avatares, que hoxe, a nosa historia nolos explica.  
   Este blog quere ser un gonzo que abra a porta desa historia que tivemos oculta tantos anos (tempo hai que os historiadores estranxeiros nola mostraban diferente á española), esa porta sen fechaduras que pertence ao pobo galego.  
   Neste blog non inventamos nada
, so facilitamos a apertura dese basto coñecemento que temos na nosa memoria esperándonos para ceibalo. 
   Aproveitamos para recomendar unha serie de TV. que actualmente están botando na cadena Cuatro; Roma. Trata esta segunda temporada da época da formación do Imperio Romano. Os seus protagonistas principais, Octavio (logo Augusto), Marco Agrippa, Mecenas,...serán anos máis tarde (supoñemos que pronto na serie), os autores do espectacular cambio que dará a nosa historia castrexa. 
   Esta serie británica (BBC), ten un traballo de documentación histórica escasamente observable no arte audiovisual, os decorados, o rigor histórico nos pequenos detalles cotiáns e os diálogos nos carrexarán ao comezo da era cristián con abraiante facilidade. Nesta serie aparecen perfectamente reflectidas as artes de manipulación política das grandes masas que o Imperio Romano amosará aos imperios que, aínda hoxe en día, nos castigan cos seus escuros intereses.   
   Esperamos con devezo, os capítulos de conquista do noroeste da Tarraconenses (futura Gallaecia), e os avatares do personaxe de Marcus Vipsanio Agrippa tan importante na nosa historia arzuá e galega.Ata sempre e bo proveito. gonzo@arzuacidadan.net.
por gonzo, 22/03/2008 12:15 Tags: Roma   
Comentarios (2)
gonzo
# 22/Marzo/2008
O mapa pertence á Europa do reinado do rei suevo Rechiario (448-456. Fonte: The New Penguin Atlas of Medieval History de Mc.Evedy, Colin.

gonzo
# 22/Marzo/2008
Fe de errata: O mapa corresponde ao Imperio Romano do I a.C. A linea vermella une as tres cidades sagradas; Efeso, Roma e Lugo, onde esperta, mora e deitase o deus romano Ianus (Xano)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: