VILANTIME, A VILLAE DUN GREGO
Vilantime, procede do latin; Villae Antimenes ou Antimii, e significaría a Vila de Antimenes ou Antemio.
Antimenes, Fillo de Deifondo e de Hyrnetho (honrada coma deusa entre os gregos), filla de Temeno, rei de Argos, cidade da Acaya, da mitoloxía grega. Antimenes ( O Pintor), sonado pintor ceramista grego do século VI a.C..Antimii: de Antimius, nome emparentado co anterior Antimenes, famoso foi Antimii de Tral (Antemio de Tralles) arquitecto de Santa Sofía V-VI d.C.. Antemii é nome grego de sabor tardoromano. Dous emperadores romanos, tío y sobrino, do s. V d.C., levaron este nome.
O nome desta parroquia de Arzúa indícanos a existencia, en época romana, dunha villae (mansión rural ligadas xeralmente a explotacións agrarias e propiedade dos señores máis poderosos), pertencente a un membro da clase dirixente romana de ascendencia grega.
Debemos, pois, remontarnos aos séculos I-IV da nosa era, e situarnos ante unha zona nun proceso de romanización rural relativamente alto. As 14 minas romanas do entorno, deberon producir dende o século I unha florecente indústria mineira; na minería do estaño, a existencia de pozos permitía individualizar os aproveitamentos do filón, e isto permitía que a actividade mineira adoptase a forma dunha multitude de pequenas explotacións en cada filón.
A relativa rendabilidade desta forma de explotación mediante pozos e a posibilidade de exercitala con poucos medios debeu abrir o exercicio da minería a bastante población.[1]
Nun primeiro momento, no período de conquista, serían os soldados lexionarios os encargados da minería; Os grupos militares ofrecían cadros de enxeñeiros e administradores ben instruídos, a IIII Macedónica, neste aspecto, era unha das mellores (no traballo A Conquista romana na comarca de Arzúa, apórtanse datos sobre as súas tarefas na península).
Unha das misións principais realizadas polo exército romano na Península Ibérica era o trazado e mantemento de vías, tamén, por suposto, era relevante o control de áreas mineiras, o soldado, ademais, de seu papel bélico, participa en numerosos proxectos de enxeñaría, militares e civís; explotación de minas e canteiras, construcción de acuedutos ou pontes, etc... O exército proporciona unha man de obra especializada, abundante e económica[2].
A industria mineira e a presencia de soldados fan imprescindible a fabricación de coiro, neste aspecto o establecemento dunha factoria de curtidos en Courium (Sardecoiro) cubriría esta necesidade; A partir do imperio romano o consumo de coiro aumentou moito e creáronse grandes obradoiros para elaborar productos de coiro para as lexións, os corarii (curtidores) preparaban a materia prima para que os pelliones (artesáns da pel) elaboraran complementos da indumentaria, calzado, bolsas, selas de montar, aparellos de tiro ou carga de animais (arreos, rendas...) e outros productos para o exército que era o seu principal cliente3. Co tempo, Courium pasaría a depender do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, sendo unha das súas granxas máis nomeadas nos documentos medievais do mosteiro.
En relación co topónimo Courium, é curiosa a semellanza doutro Couríu (Belmonte de Miranda, Asturias) nun val montañoso, onde destacarou a explotación de ouro polos romanos; Durante todo el período romano siguen jugando un papel prepoderante las tres vías de comunicación antes mencionadas, tanto para las relaciones con los territorios vecinos, como para el traslado del material aurífero www.belmontedemiranda.com/ayto/historiaArte.html .
En base aos datos que temos, hoxe en día, non podemos asegurar quen foi este grego-romano chamado Antimenes ou Antemii, máis, este nome nos indica que a ocupación romana na nosa zona era de ascendencia grega (ver; A Conquista romana na comarca de Arzúa, neste blog), sabemos que os soldados asentados nas áreas de conflito trababan contacto directo e permanente coas comunidades e logo, unha vez licenciados, os veteranos, comunmente, permanecían nas rexións que serviran.
Aventurámonos a pensar que Antemii ou Antemenes foi un greco-romano relacionado directamente ou familiarmente co exercito ou a administración imperial romana.
Este terrateniente exercería o seu control sobre a zona en compañía doutros grandes propietarios das comarcas veciñas, que a través da súa toponímia podemos nomear; Melide, sen ningún tipo de dúbidas, procede do antropónimo latino Mellitus (villa(m)/terra(m)/fundu(m) Melliti)[4], Villae Marogio (Maroxo).
Antimenes ou Antemii, posiblemente, tería pozos mineiros da zona en propiedade e, ademais, é moi posible que a villae se dedícase á produción do liño (tecido moi considerado na época e de gran importancia na comarca ata ben pouco), trigo, e gandería bovina e cabalar entre outras tarefas agrícolas.
Do lugar onde estaría a villae e a súa tipoloxía constructiva, tampouco podemos afirmar nada.
Respecto a súa localización, as villae ocupan chairas e ladeiras suaves para contemplar as terras de cultivo circundantes, e tendo en conta que, logo coa cristianización, as igrexas vanse construír, moitas veces, sobre ou a carón de templos ou construcións pagáns é posible que a villae se atopara no lugar de Igrexa, onde se atopa a igrexa parroquial, ver; http://sitga.xunta.es/pdf5000/09652d.pdf .
En relación coa tipoloxía constructiva da villae, sabemos que a maioría das villae estaban feitas de madeira e de fábrica a partes iguais, cubertas de palla e tella, podemos facernos unha idea da nosa Villae Antemii ou Antemenes se recabamos información sobre a villae escavada no veciño Agro de Nogueira, en Toques, que parece ser de tipo nórdico ou céltico, con planta rectangular alongada, normalmente dotada dun corredor na fachada maior que funciona como elemento tanto de distribución interna dos espazos como de apertura á paixase exterior (no caso frecuente de que este sexa porticado mediante columnas).
Con estes antecedentes históricos , non é de estrañar o carácter emprendedor e dinámico das xentes de Vilantime.
Ata sempre e bo proveito.
[1] Observaciones sobre el régimen jurídico de la minería en tierras públicas en época romana, MATEO, A, U.S.C. 2001.[2] A vida cotiá na Galicia romana. SUÁREZ PIÑEIRO. A.Mª: Verín-Santiago, Edicións Lóstrego, 2006[3] A vida cotiá na Galicia romana. SUÁREZ PIÑEIRO. A.Mª: Verín-Santiago, Edicións Lóstrego, 2006[4] Historia do Concello de Melide. http://www.melide.org/.

Bibliografía:
- - J.F.M. NOËL: Diccionario de Mitología Universal. Barcelona, Edicomunicación, S.A. 1987.
- - ALBAIGÉS OLIVAST. J.Mª. Diccionario de nombres de personas. Barcelona, Edicións Universidat, 1993.
- - SUÁREZ PIÑEIRO. A.Mª: A vida cotiá na Galicia romana. Verín-Santiago, Edicións Lóstrego, 2006.
- - CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.
- - CONCELLO DE ARZÚA. : Catálogo de patrimonio arqueolóxico e histórico do PXOUM, . 2006.
- - SANTOS YANGUAS, N. : El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988.
- - ARIAS VILAS, F. A romanización de Galicia. Vigo, Eds. A Nosa Terra, 1992.
- - MATEO, A. Observaciones sobre el régimen jurídico de la minería en tierras públicas en época romana. Santiago de Compostela, U.S.C. 2001.
- - GOLDSWORTHY, A. : El ejército romano, Ediciones Akal, S.A., Madrid,2005.
[1] Observaciones sobre el régimen jurídico de la minería en tierras públicas en época romana, MATEO, A, U.S.C. 2001.[2] A vida cotiá na Galicia romana. SUÁREZ PIÑEIRO. A.Mª: Verín-Santiago, Edicións Lóstrego, 2006[3] A vida cotiá na Galicia romana. SUÁREZ PIÑEIRO. A.Mª: Verín-Santiago, Edicións Lóstrego, 2006[4] Historia do Concello de Melide. http://www.melide.org/.
por gonzo, 23/05/2008 12:37
Comentarios (5)
gonzo
# 23/Maio/2008
# 23/Maio/2008
A imaxe corresponde a unha maqueta que reproduce o Balneum e as Letrinae da villae de Cambre no Museo de Cambre. Visita recomendada para coñecer as vilas romanas.
sanqueremos
# 27/Maio/2008
# 27/Maio/2008
Bueno déixadesme sin palabras.
E toda unha sorpresa, ainda que e unha vergoña decilo nunca me preguntei de donde viña o nome da miña parroquia, o que para nada me esperaba e que se deba a ese tal Antimenes.
Nunca te deitaras sin aprender algo novo, canta razón tiña o que discurreu tal cousa.
Saude e festa:
Suxo Sexto.
Comisión San Queremos 2008.
Vilantime.

Xa se me esquencía, aproveito para facer publicidade da nosa páxina Web:
www.sanqueremos.com
www.sanqueremos.com
gonzo
# 28/Maio/2008
# 28/Maio/2008
Efectivamente; a festa do San Queremos é unha das máis auténticas de Galicia, creo que cadra coa malla das Xornadas do Pan, un fin de semana caralludo para perderse pola comarca de Arzúa.
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: