DOMBODÁN, UN DEUS SUEVO EN ARZÚA 1
Dombodán. De Dominus Bódanus, outro nome latinizado que significa o Deus Bodán: Dominus, señor, amo, Deus. Bódanus, o deus guerreiro xermánico Wotán,Wodan, Bodán, Odín.
O nome deste deus, na súa forma escandinava (Odín), na súa forma inglesa (Woden),ou coma na forma xermánica (Wodan), significa furor sagrado. Wodán, Bodan en diante, é o rei dos deuses, o gran mago-druída, deus do sol do día e do sol da noite, deus dos guerreiros e deus dunha parte dos mortos[1], é o deus correspondente ao Zeus dos gregos, o Xúpiter dos romanos, o Dagda celta dos irlandeses, o Bandua entre os galaico-lusitanos[2].
Temos noticias dos xermanos do pobo suevo por Xulio Cesar e Tácito, este pobo era o máis numeroso dos xermanos e ocupaba dende o século III a.C. o baixo e o medio Rin. Era unha sociedade, basicamente, de granxeiros, e cultivaba cebada, avea, centeo, trigo e algo de millo, así como liño, fabas e hortalizas, sendo moi raros entre eles as froitas. Resultaba, tamén, notable a súa gandería e utilizaban madeira, os minerais e o ámbar[3].
Era un pobo de orixe indoeuropeo con fortes influencias celtas. Paulo Orosio calcula que existían 54 nacións suevas.
Os suevos cuados, que ocupaban a marxe esquerda do Danubio, no que hoxe son o norte de Austria e a República Checa, serán os que no ano 411 a.C. se asenten na Gallaecia dirixidos por Hermerico, que será o primeiro rei do que logo sería o Galliciense Regnum" .
Bodán é, como diciamos, o deus supremo dos suevos, o acompañan en importancia o deus Thor (deus da forza e o lóstrego, famoso polo seu martelo, é o deus que adoran os labregos), e o deus Fricco (deus do pracer).
As pegadas dos suevos en Galicia son moi escasas a nivel arqueolóxico (xoias, Igrexa de San Pedro e Rocas,..), máis se rastrexamos na toponimia e nas lendas obteremos probas do seu paso polas nosas terras.
Gracias a estudios filolóxicos sobre documentos medievais dos mosteiros de Sobrado dos Monxes, Tombo A da Catedral de Santiago, do mosterio de Celanova, de Samos, etc.., sabemos que a gran maioría dos topónimos suevos soen ser antropónimos (topónimos referidos a nome de persoa), en Dombodán temos varios exemplos deles:
Brandariz (4, 1) < Branderici < *(villam) *Branderici: de Brandericus (Brand + ric) "Rei da Espada".
Méndez Ferrín, tamén segue esta proposta: ...falnos da raíz xermánica Brand(a) segundo informa Piel e Kremer, de onde procede Brandericus (Brandariz). O Galicismo brandir procede do franco "xogar a espada".
Gomesende (5, 0) < *(villam) *Gomesendi: de Gomesendus (Gum + swinth) "Home forte".
Gramil (1, 0) < *(villam) Granamiri: de *Granamirus (Gran + mir). Gran: Barba+ mir: fama, renome.
Remesil (3, 0) < *(villam) *Remisilli: de Remisilli (Remis + hildi). Remis: Paz, tranquilidade+ hildi: guerra, batalla.
A raíz Bran ou Brand é a que nos aporta máis dúbidas, segundo Caridad Arias;
*Brant-Braint-Briant- Brent son, formas derivadas(reducidas) do nome da deusa Brigantia, o mesmo que Briochan/Breogan (mítico rei galego de Brigantium (A Coruña), e moitos outros. Foron nomes celtas e xermánicos Brantio, latinizado Brantius o posesivo o patronímico Brantiacus.
*Branzá. De Branciana o Brantiana Br(ig)antiana, referido á deusa Brantia ou Brigantia, o nome que tivo A Coruña.
*Branzaílla. Procede da forma hipocorística Brantianillus,-a.
*Bran (Baran) ou Branno é o nome dado á divinidade suprema celta que representa o sol no ocaso e o sol nocturno. Na tradición celta irlandesa corresponde a Dagda "o bo Deus". O seu paralelo greco-latino máis cercano é Crono. Son todos eles distintas versións da divinidade suprema preclásica do ámbito cultural europeo e norteafricano, posiblemente procedentes xa da cultura megalítica, asimilada polos indoeuropeos a título de divinidade subterranea ou infernal. Bran ten en gaélico o significado de corvo ave estrechamente relacionada coa divinidade solar no mito celta e xermánico.
Bodan coma vemos representado na imaxe de cabeceira, vai sempre acompañado de dous corvos , son os ollos de Bodan en tódalas partes, curiosamente entre San Cristovo de Dombodán e o río Ulla atópase o Monte dos Corvos, ver:Mapa: http://sitga.xunta.es/pdf5000/09578d.pdf .
Continuará... e,.. ata sempre e bo proveito.
[1] P. 54 Los dioses de los germanos, Georges Dumézil[2] P. 110 A Galicia celta, Antonio Balboa[3] P.21 O comezo da nosa Idade Media, Xoan Bernández

por gonzo, 25/06/2008 21:45
Sen comentarios
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: