Lexionarios castrexos e minería de estaño en Arzúa e 2
Ata o ano 69 d.C.?, que se fai cargo do control militar do noroeste a Legio VII Gemina, (con base en León) as operacións militares de conquista e os recrutamentos forzosos na futura Gallaecia, van ser realizadas polas seguintes lexións imperiais:
* Legio X Gemina, o seu campamento vai dar lugar á cidade de Asturia (Astorga) que será a base operativa desta lexión, encargaríase das levas e explotación das minas de ouro da zona ástur e lucense.
* Legio VI Victrix con base en Bracara (Braga). O Legado Imperial da Lusitania (dende o 27 a.C. engloba, tamén á Gallaecia e á Asturia), Publio Carisio dende o Bierzo penetrou na Galicia interior no verán do 25 a.C.[1] para esmagar a resistencia galaica, en Lugo acuñou a sonada moeda co reverso das armas lusitano-galaicas coma a caetra ou escudo circular( 25-23 a.C.)[2], mais o territorio galaico no 22 a.C. aínda estaba sen someter ao poder romano.
*Legio IIII Macedónica que con Marcus Vipsanio Agrippa ao mando dende o 19 a.C. (ano da pacificación dos cántabros) ao 17 a.C., instalará, moi posiblemente, a súa base no campamento de Lucus Augusti, a cidade fundarase, precisamente no 19 a.C.[3], o establecemento do campamento parece datar do 25 a.C. Nas tarefas de conquista, planeamento e construción da VIA XIX, Agripa e o grupo de xeógrafos e urbanistas que o acompañan nas súas campañas militares precisarán de tempo para, ademais de completar o sonado Mapa Xeral do Imperio (Orbis Terrarum), realizar o famoso Censo dos Populi da futura Gallaecia. Mentres, diferentes cohortes desta lexión, porán en marcha os recrutamentos forzosos e a explotación das minas de estaño da comarcas de Arzúa e Deza.
A gran parte dos corpos de tropas auxiliares da península foron creados en tempos dos emperadores Augusto e Tiberio, inmediatamente despois da conquista, algunhas puideron formarse en época flavia, ata o século I d.C. como máximo. Enrolar no exército romano aos elementos máis novos dos grupos tribais asentados no territorio galaico, serviría para debilitar a capacidade de rebelión destas poboacións[4]. A participación de elementos galaicos no exército romano foi cualificada case de masiva segundo algúns autores contemporáneos[5].
Un dos lexionarios de Lucus Augusti ou do populi coporo era Lucio Valerio Galeno, segundo unha inscripción de tipo funerario descuberta en Sopiste ,Mesia (provincia romana correspondente as actuais Bulgaria e Servia). Así reza a inscripción; Lucio Valerio Galeno, fillo de Lucio, de la tribu Galeria, natural de Lucus Augusti, veterano da Lexión IV Macedónica, que viviu 55 anos e militou durante 28, aquí está enterrado..... Segundo Santos Yanguas, este lexionario veterano estaría asentado en Mesía, (é moi posible que a nosa veciña Mesía proveña da Mesía búlgara, varias cohortes lucenses establecéronse nesa provincia romana) a comezos do imperio de Vespasiano (67-79 d.C.). Se militou 28 anos tivo que ser recrutado sobre os 39-40 d.C., xa que a IIII Macedónica está instalada na Germania no ano 43 d. C., é lóxico pensar que algunha cohorte desta lexión estivo en Lucus Augusti ou no territorio coporo nos anos 39-40, o que certificaría a nosa hipótese de que algunha cohorte da IV Macedónica estaba establecida na nosa comarca, ata podería darse o caso de que este lexionario fora arzuán, as inscricións reflectían na maioría dos casos, só a orixe de recrutamento administrativo. Non hai que esquecer, tampouco, que as lexións romanas, en moitos casos, deixaban varias cohortes nun zona estratéxica mentres o groso da lexión trasladábase a outro lugar, polo que é posible que a IV Macedónica tivera a base en Segisamo (Burgos)e, ao mesmo tempo, unha ou varias cohortes, estiveran controlando a VIA XIX e a explotación de estaño da Galicia interior.
Outro lexionario castrexo de nome Caius Valerius Carus, pertencente á Legio X Gemina, aparece documentado nunha ara votiva dedicada á deusa Navia en San Román dos Ancares datada nos comezos do século I d.C. indica o control desa zona mineira de ouro por parte da Legio X Gemina.
Noutra dedicación atopada nas proximidades de León dun oficial lexionario da Legio VII Gémina de nome Quinto Cornelio Anteros, Santos Yanguas, considera que o cognomen de orixe grego é posiblemente da zona de Santiago de Compostela, en Arzúa temos o grego; Antimenes ou Antemio ver; Vilantime a villae dun grego neste blog.
Entre as 6 cohortes lucenses chámanos a atención a Cohorte I pia fiel dos Lucenses hispanos, da que temos noticias polo epitafio fechado nos 60 d.C. adicado a; Reburrus, fillo de Coroturetis, soldado da Cohorte I do lucenses hispanos, de 53 anos, con 24 de servicio, aquí está enterrado, ..., o nomes Reburrus , Reburrinus son orixinarios do noroeste peninsular, maioritariamente, do convento lucense[6], a etimoloxía do noso Burres, parece traer este camiño.
Outros nomes de lexionarios castrexos serían; Audamionio, fillo de Audamio, Flavo fillo de Bouto, , Ogrigeno, fillo de Pintilo, Meduto, fillo de Caturón, Vegetus, fillo de Reburrus, etc..
A partir dos anos 80 d.C. quedarían establecidas en Galicia a Cohors III Lucensium[7], integrada na Legio VII Gemina, encargada das minas de ouro de Lugo e Ourense, e é posible, que controlando a VIA Nova XVIII, estivera, segundo Rodríguez Colmenero, o Ala I dos Gigurros con acuartelamento no campamento de Aquis Querquennis (Bande).
A Cohors I Celtiberorum da Lexión VII Gemina, procedente de Mauritania, estacionada en Cidadela (Sobrado dos Monxes) sería a encargada do control da nosa zona, dende o S.II ao IV d.c.,.
Das 6 cohortes lucenses, só a Cohorte III dos Lucenses quedou estacionada en Galicia o resto recorreron miles de kilómetros dende a súa terra; Cohorte I dos Lucenses a Alemania, Cohorte I de cabalería dos Lucenses a Dalmacia, Siria e Macedonia, Cohorte II dos Lucenses a Mesía Inferior e Tracia, Cohorte IV dos Lucenses a Pannonia? (Hungría), Mesía? e Siria, Cohorte V dos Galaicos Lucenses a Pannonia e Mesía Superior.
Destes lexionarios castrexos moitos ficarían no lugar onde remataron o seu servicio militar e conseguiron a cidadanía romana, outros voltarían enriquecidos e espallarían a cultura romana polo seu entorno autóctono.
Non cabe dúbida ningunha, que a primeira gran onda migratoria forzada dos galegos comezou co Imperio Romano coincidindo coa explotación dos nosos recursos naturais, a historia repetiuse nos anos 50-60 do século XX cos encoros galegos, oxalá non se volva a repetir Nunca Máis.
Autor: Celso Alberte Magariños Costas. celsomagarinhos@mundo-r.com
[1] Pax. 38 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[2] Pax. 57 A romanización de Galicia. Vigo, Eds. A Nosa Terra, 1992[3] Pax. 99 Santuarios de la Galicia céltica. Madrid, Abada Editores, S.L., 2008[4] Pax. 251 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[5] Pax. 250 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[6] Pax 123, El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[7] http://www.cohorsiiilucensium.es/

Bibliografía
- SANTOS YANGUAS, N. : El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988.
- CAAMAÑO GESTO, J.M.: Os campamentos romanos. Galicia Historia Tomo I, A Coruña, Eds. Hércules, 1991.
- ARIAS VILAS, F. A romanización de Galicia. Vigo, Eds. A Nosa Terra, 1992.
- GARCÍA QUINTELA, M.V.- SANTOS ESTÉVEZ, M. Santuarios de la Galicia céltica. Madrid, Abada Editores, S.L., 2008.
- GOLDSWORTHY, A. : El ejército romano, Ediciones Akal, S.A., Madrid,2005.
[1] Pax. 38 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[2] Pax. 57 A romanización de Galicia. Vigo, Eds. A Nosa Terra, 1992[3] Pax. 99 Santuarios de la Galicia céltica. Madrid, Abada Editores, S.L., 2008[4] Pax. 251 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[5] Pax. 250 El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[6] Pax 123, El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988[7] http://www.cohorsiiilucensium.es/
por gonzo, 26/09/2008 12:01
Sen comentarios
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.
Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: