Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Novas arqueolóxicas sobre greco-romanos e a Legio IV Macedónica

  Nestes últimos anos estanse publicando os resultados dos estudios arqueolóxicos, que por todo o país se realízan, nun novo florecer da Arqueoloxía Galega.  
     Unha das investigacións que máis interese nos despertou ultimamente, é a do asentamento romano de Brandomil ( para algúns a mansión antoniniana de Grandimiro), no concello de Zas, datada entre os anos I d.C. e IV d.C..  Juan Naveiro, é o arqueólogo encargado das escavacións e, ademais,  membro do Proxecto Vías Atlánticas; (http://www.viasatlanticas.org/inicio.html) patrocinado por Interreg III (iniciativa comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional,  do que son socios, entre outros organismos, a Deputación de Pontevedra, a da Coruña, os concellos de Braga, Ponte de Lima, Lugo, Universidade de Santiago, CSIC,...).
   Pois ben, unha das sorpresas a dicir de Naveiro foi atopar varias inscricións sobre persoas de orixe grego; á curiosa representación da poboación que mostra a epigrafía -nomes gregos de libertos ou xentes de orixe servil e foráneo, vinculados coa administración- e os monumentos funerarios de tipo urbano -placas e templete, por oposición ás estelas rurais-, mostra un panorama que nada ten que ver cos habituais asentamentos romanos rurais do N.O. As inmensas posibilidades arqueolóxicas deste depósitos continuarán a se pór de relevo en futuras intervencións [1], para nós a curiosa representacións da poboación que mostra nomes gregos, non nos sorprende, ratifica e pon en valor a nosa teoría sobre a presencia da Legio IV Macedónica en Galicia, (ver; A conquista romana na comarca de Arzúa no mes de xaneiro e os Lexionarios castrexos..., neste blog).   
   Das tres lexións romanas que invadiron Galicia; Legio X Gemina, Legio VI Victix, e Legio IIII Macedónica, a que máis gregos aportaba, sen dúbida, era a Macedónica. Nos anos que foi dirixida por Marco Agripa, a maioría dos libertos imperiais da súa confianza eran de orixe macedónico, non esquezamos que esta lexión é a lexión que lle deu os primeiros triunfos a Agripa e a súa proxección definitiva como segundo do emperador Augusto.   
   Por certo, os técnicos do proxecto Vías Atlánticas, non se poñen dacordo co tramo coruñés da VIA XIX (de Braga a Astorga), na mesma páxina, nun mapa, lévano dende Gonzar (O Pino) cara a Boimorto e de aí a Lugo, e noutro lévano dende Santiago ata Arzúa polo Camiño Primitivo dende eiquí ao norte ata Boimorto para seguir cara Sobrado dos Monxes camiño de Lugo.  
   Nós seguimos considerando que o trazado da VIA XIX continuaba pola ponte, que segundo Nardiz Ortiz, os romanos fixeron en Ribadiso, camiño de Lugo, ver; O Camiño Primitivo de Santiago e a VIA XIX romana en Arzúa 1 e 2  do mes de febreiro. Hai que engadir que  a tese doutoral de Javier Gómez; Vías romanas de la actual provincia de Lugo plantea  o trazado da vía dende Melide a Lugo polos mesmos lugares que expoñemos no traballo  arriba reseñado, ver : http://www.javiergomez.org/modules.php?name=coppermine&file=thumbnails&album=1  e http://busc.dixital.usc.es/pdf/teses/b19860456.pdf.    
  A rectificación do trazado de tan importante proxecto turístico-cultural (non esquezamos que esta ruta transcorre dende Braga ata Astorga) para a nosa comarca e a de Melide non nos debe deixar indiferentes, o trazado definitivo da romana VIA XIX (de Braga a Astorga) vai traer consigo importantes recursos turísticos e económicos.
  Ata sempre e bo proveito. gonzo@arzuacidadan.net

[1] http://www.viasatlanticas.org/microsite%20simposio/docs/ponencias/005.pdf
por gonzo, 11/10/2008 12:36 Tags: VIA XIX ROMANA   
Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: