Portada
O teu escritorio

A nosa historia

Sexamos libres coa cultura e a información. Logo divirtámonos.

Bran, Lug, deuses celtas nas terras do Ulla. O Símbolo Solar

Os símbolos solares son uns elementos comúns nas culturas antigas, e sobre todo nas indoeuropeas.
Ver imaxes en: http://anosahistoria.blogspot.com/2009/06/bran-lug-deuses-celtas-nas-terras-do.html   
     Dende os inicios da Idade de Bronce os trisqueles, as rosáceas ou rosetas, as cruces inscritas nun círculo (cruz de Bran), as espirais,.. aparecen nas culturas antigas dos pobos indoeuropeos  dende a India ata os Balcáns, dende centro Europa ao Mediterraneo, os hindús,  os escitas,a cultura micénica, os cretenses, os celtas,  e logo os romanos, etc..., téñenos como referentes artísticos nalgúns contactos divinos.  
   Mais, serán os celtas o pobo que os converterá nun signo de identidade. Pese a que non hai unanimidade sobre o significado destes símbolos, hai consenso en consideralos símbolos astrais de comunicación coas divindades, neste caso célticas.   
   Antes de continuar, temos que deixar claro que a cultura castrexa é unha cultura que se fixo así mesma durante séculos e séculos.  Comeza sobre os X a.C., posiblemente, coa chegada de pobos indoeuropeos (tribos escitas)[1].
  Hai que dicir que ademais dos deuses Lug, Bran, Cohvetena,Navia..  de orixe céltico, Bandua e Coso son, digamos, deuses nacionais  só se atopan na Cultura Castrexa.  
   A simboloxía cósmica da arte castrexa é abundantísima; o típico trisquel, as esvásticas e as rosetas de Castro Santa Tegra, de Castromao, de Armea, etc.., coidamos que son todas variacións artísticas do mesmo tema; a Roda Solar, o camiñar diario do deus Sol cara o seu solpor, no mar, onde se atopa a outra morada dos celtas despois desta vida.
     Bran, en Irlanda, era representado co símbolo do Sol e o seu símbolo, segundo varios autores, puido ser a base da famosa Cruz Celta. A chamada Cruz de Bran, de catro aspas, sería o símbolo máis sinxelo do Sol, en Galicia hai exemplos destas cruces no petrogrifo de Adai preto da posible estación Santuaria de Pedra Fita con 17 cruces inscritas da Idade de Ferro.[1]  
   Non debemos esquecer, maila todo, que o deus Lug é o Luminoso, o deus do Sol, recordemos que Lug e Bran poden ser dous aspectos distintos dun mesmo personaxe do mito base .   
   As rosetas de seis puntas que son unha constante en numerosos castros, (entre os que destaca o Castro de Armea[2]), son consideradas a máis fiel representación do Sol. As rosetas aparécesenos, tamén, nas estelas funerarias de Dionisios (Baco) e Ampelos en Vigo, a estela de Primiano (Museo de S. Antón) ou a de Iulius Severianus da Cidadela, Sobrado, séculos II-III d.C..   
   As rosetas solares terán a súa réplica no primeiro símbolo cristián; o Crismón.   
   A simboloxía de principio e fin é precristián. O cristianismo adáptao transfórmao en monograma de Cristo. Alfa e omega son símbolo do principio e o fin. O cristianismo toma as letras gregas alfa e omega para formar a palabra; Cristo; o unxido, o mesías, logo combínase coa roseta solar, inscribíndoa no interior conservando as seis aspas solares esquematizadas (s. IV-V d.C.).
   Os coñecidísimos crismóns[3] carácteristicos do norte da Hispania dos que temos na  Galicia un  exemplo no Crismón de Quiroga do s. V, son os primeiros símbolos cristianos.  
   Este novo simbolo cristián, foi  portado polo exército de Constantino a partir da definitiva batalla de Pons Milvius( 312 d. C.). Nesta batalla,  o emperador Constantino, seguidor do Deus Sol Invictus (versión romana do deus solar Mitra), tivo a visión da cruz sobre o Sol. O Sol Invictus era festexado o 25 de Nadal, o día da nativitas, a natividade do sol, o día despois da noite máis longa do ano, logo a Igrexa escolleu este día para o nacemento de Cristo. Constantino naceu en Naissus capital da Moesia (Mesia Superior ,a actual cidade de Nis, Serbia), zona de influencia céltica, (o seu colaborador e mestre cristián era o galo Dionisio o Vello),  e de estacionamento de cohortes galaicas e astures dende o século I. d. C..   Exemplos de crismóns;  sarcófagos nº 171 e 164 do Museo Laterano (metade século IV),[4] Sarcófago de Infante (Istambul) (principios século V) onde se aprecia esquematicamente  o símbolo solar entre dous anxos[5].  
   A Cruz celta foi creada por St. Patrick, patrón de Irlanda (386-493),  quen, no seu  intento de conxugar as crenzas druídicas coa nova relixión cristiá, dotou á cruz dun símbolo celta por excelencia: o sol, o símbolo do deus Bran, neste caso o símbolo solar rodea a cruz.  
   Na nosa comarca non se descubriron rosetas nin trísceles, mais é máis que posible que foran labrados en madeira, material moi utilizado, tanto polos celtas coma polos xermanos para as súas representacións artísticas  (as representacións en pedra da Gallaecia Bracaense ao sur, débense sen dúbida á influencia da administración romana) ,  as rosetas  foron recollidas, nos anos trinta, dos xugos dos carros de vacas no traballo de campo do grupo do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, Terra de Melide, Arte popular por Vicente Risco[6], o máis fermoso a dicir de Risco é o nº149, feito por un rapaz novo fillo do dono , que non ten o oficio de carpinteiro. En verdade chama a atención a calidade destes xugos decorativos, pero sobre todo, amósanos unha arte popular que sen dúbida vén de xeracións e xeracións, ver: http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=173 . Mais, quédanos para outra tratar a posible orixe etimolóxica de Branza, Brandeso,....
 Ata sempre e bo proveito

   Nota: Creamos un novo blog en: http://anosahistoria.blogspot.com/

Bibliografía

SAINERO, R. Los orígenes celtas del reino de Brigantia. Abada Editores, Madrid, 2009.BERMEJO BARRERA, J. C. Sociedade e Relixión na Galicia Antiga. Edición Lóstrego, Santiago, 2008.BRAÑASABAD, R. Deuses, heroes e lugares sagrados. Edicións Sotelo Blanco, Santiago, 2000.REVISTA LAROUCO Nº4, Grupo Arqueolóxico Larouco, Bande, Ourense. 2008SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. Terra de Melide. Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1978CALO LOURIDO, FCO. A Plástica da Cultura Castrexa Galego- Portuguesa. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 1994.CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.ARES GÜIMIL, T. VILA GONZÁLEZ, MªX. Guía de balnearios e fontes de Galicia. Vigo, Ed. Galaxia, 1996.GARCÍA QUINTELA, M.V. Soberanía e santuarios na Galicia castrexa., Editorial Toxosoutos, Noia,  2006.GONZÁLEZ SOUTELO,S. As augas mineromedicinais en época prerromana e romana na provincia de Pontevedra, X Premio de Investigación 2005 Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga, 2005.CACHEDA VIGIDE, E.A. La religiosidad popular en Galicia. El municipio de Arzúa. Santiago, Concello de Arzúa, 1991CARIDAD ARIAS, j. Toponímia céltica de Galicia, Deputación Provincial de Lugo. Lugo, 2006.BALBOA SALGADO, A. A Galicia Celta, Edicións Lóstrego. Santiago de Compostela, 2007.ANNE ROSS.  Druídas, Toxosoutos. Noia, 2004GARCÍA Y BELLIDO, A. Arte Romano, CSIC. Madrid, 2004.VAQUEIRO, V. Guía da Galiza Máxica, Editorial Galaxia, Vigo, 1998.MARIÑO PAZ, R. Historia da lingua galega. Sotelo Blanco Edicións, Santiago, 1998


[1] Pax. 185 Soberanía e Santuarios na Galicia castrexa[2] Pax. 104 A Plástica da Cultura Castrexa.[3] www.claustro.com/Crismones/Webpages/Catalogo_crismon.htm [4] Pax. 756, ss. Arte Romano[5] Pax. 766 Arte Romano[6] Pax.418 Terra de Melide


[1] Pax. 213 ss. Los orígenes celtas del reino de Brigantia
por gonzo, 19/05/2009 20:06 Tags: Cruces solares   
Comentarios (1)
gonzo
# 19/Maio/2009
A estela funeraria da imaxe pertence unha muller celta dos célticos supertamáricos. A súa traducción di; Eburia Calueni f(ilia) Celtica Sup(ertamarica) ⊃ Lubri: Eburia filla de Calueno, Céltica Supertamarica, do castro *Lubris).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar. Desde a páxina de entrada podes crear un usuraio para Arzúa Cidadán.

Si xa tes o teu usuario, podes acceder dende aquí: