Nestes últimos anos estanse publicando os resultados dos estudios arqueolóxicos, que por todo o país se realízan, nun novo florecer da Arqueoloxía Galega.
por gonzo,
11/10/2008 12:36
Tags:
0 Comentarios
Ata o ano 69 d.C.?, que se fai cargo do control militar do noroeste a Legio VII Gemina, (con base en León) as operacións militares de conquista e os recrutamentos forzosos na futura Gallaecia, van ser realizadas polas seguintes lexións imperiais:
por gonzo,
26/09/2008 12:01
Tags:
0 Comentarios
O estaño na nosa terra sería explotado dende a antigüidade, nun primeiro intre , como vimos no anterior artigo, a través dos afloramentos do metal . Os lingotes de estaño fundidos serían de varias castes, segundo fora para a exportación, con aneis , ou redondos coma moas de muíño e en barras para mercado local.
por gonzo,
23/09/2008 17:55
Tags:
1 Comentarios
A famosa casiterita (SnO2) ou cassitéride, como dicían os gregos, é o mineral de estaño máis abundante, é a mena principal de estaño, metal maleable que comunica ao bronce (cobre e estaño) e outras aleacións a facilidade de ser traballados en frío.
por gonzo,
13/09/2008 23:25
Tags:
0 Comentarios
O primeiro domingo de setembro celébrase a concorrida Romaría da Nosa Señora do Viso, no monte do Viso, parroquia de Dombodán. Xentes de tódalas comarcas lindeiras acércanse ao santuario da Nosa Señora do Viso, para pedir protección contra as pragas das colleitas e a favor dun bo parto.
por gonzo,
11/07/2008 10:17
Tags:
2 Comentarios
O rural galego, e o arzuán en particular, nos comezos do século V é un escenario, xa, totalmente romanizado, as villae de Marogio (Maroxo) e de Antemii (Vilantime), exercerían o seu poder terratenente sobre os cidadáns galaico-romanos da comarca.
por gonzo,
25/06/2008 22:22
Tags:
1 Comentarios
Dombodán. De Dominus Bódanus, outro nome latinizado que significa o Deus Bodán: Dominus, señor, amo, Deus. Bódanus, o deus guerreiro xermánico Wotán,Wodan, Bodán, Odín.
por gonzo,
25/06/2008 21:45
Tags:
0 Comentarios
Chegounos a programación das VII Xornadas do Pan, este ano tócalle á parroquia de Dombodán.
por gonzo,
21/06/2008 22:16
Tags:
3 Comentarios
Vilantime, procede do latin; Villae Antimenes ou Antimii, e significaría a Vila de Antimenes ou Antemio.
por gonzo,
23/05/2008 12:37
Tags:
5 Comentarios
A través do traballo; A conquista romana na comarca de Arzúa (publicado neste blog) imos sacando á luz diferentes incógnitas que a nosa microtoponimia tiña ocultas. Neste caso, trátase da Pena da Armada esa pena que desde a outra beira do río Boente (antes Pella, recordemos), ofrécenos unha panorámica extraordinaria do val de Pela, (ver a imaxe do post; A conquista romana na comarca de Arzúa 1).
por gonzo,
12/04/2008 22:43
Tags:
3 Comentarios
O día 28 deste mes inaugúrase a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, a máis moderna de Galicia, será bautizada co nome de Ánxel Casal.
por gonzo,
22/03/2008 18:27
Tags:
3 Comentarios
Recibimos no correo electrónico unha interrogante sobre o nome deste blog.
por gonzo,
22/03/2008 12:15
Tags:
2 Comentarios
Outro indicativo do paso da VIA XIX pola comarca de Arzúa son os topónimos romanos relacionados coas vías romanas: A Rúa (O Pino) Calzada (Arzúa), Casal do Alto ( Arzúa). Mais un topónimo que chamou poderosamente a nosa atención foi A Peroxa (Perogia nos textos antigos).
por gonzo,
23/02/2008 22:10
Tags:
0 Comentarios
En base ao estudio sobre a conquista romana na comarca de Arzúa cremos posible, establecer unha serie de afirmacións sobre o tan debatido trazado da VIA XIX DE ASTORGA A BRAGA (a máis antiga de Galicia) na provincia da Coruña. Diversas teorías trazan múltiples itinerarios e localizan as diferentes mansións romanas da VIA XIX en distintos lugares da xeografía coruñesa. Varios autores teorizan sobre este tema das que extraemos as seguintes;
por gonzo,
22/02/2008 12:15
Tags:
1 Comentarios
Bibliografía
por gonzo,
28/01/2008 10:52
Tags:
1 Comentarios
RESTOS PRERROMANOS E ROMANOS DE INTERESE NA COMARCA DE ARZÚA
por gonzo,
28/01/2008 10:44
Tags:
1 Comentarios
AS PEGADAS DOS ROMANOS NA COMARCA DE ARZÚA
Quizais, o legado máis importante que nos deixaron os romanos, desde o punto de vista cultural, foi o da nosa lingua, herdeira do latín popular que as tropas romanas trouxeron a esta terra. Mais, tamén, hai que resaltar o dereito romano, xermolo do dereito occidental.
por gonzo,
28/01/2008 10:30
Tags:
1 Comentarios
A romanización na comarca
A comarca de Arzúa foi unha zona onde a romanización debeu ser destacable. Diversas referencias documentais, vestixios materiais e topónimos da comarca así nolo confirman.
por gonzo,
23/01/2008 12:20
Tags:
0 Comentarios
A conquista romana na comarca de Arzúa e a VÍA XIX
A nosa hipótese é que nas tarefas de conquista, planeamento e construción da VIA XIX (que é a primeira e, polo tanto, a máis antiga vía que os romanos construíron na Gallaecia), Agripa e o grupo de xeógrafos e urbanistas que o acompañan nas súas campañas militares, bautizarían os nosos ríos cos nomes destas dúas cidades; Pella e Ysso (tan importantes na historia macedónica), na honra de Alexandro Magno,
por gonzo,
22/01/2008 12:41
Tags:
0 Comentarios
Agripa e a Legio IV Macedónica
Dión Casio fálanos da resistencia dos galaicos do interior, aínda, no 16 a.C... No ano 19 a.C., o emperador Augusto mandou, para conquistar o norte Tarraconenses á Lexión IV Macedónica* e ao fronte dela; Marco Vipsanio Agrippa ( 63 -12 a.C.), amigo, xenro e correxente do emperador, implacable xeneral e gran administrador que mandou construír o Panteón, saneou e urbanizou Roma e que con varios estudiosos preparou un Mapa Xeral do Imperio (Orbis Terrarum) no que se basearían Estrabón e Plinio para os seus traballos.
por gonzo,
21/01/2008 10:18
Tags:
1 Comentarios
A conquista da Tarraconenses occidental
O primeiro paso que dá Roma na Galicia actual é o da conquista. Ao norte do río Douro, a futura Gallaecia* é un territorio inhóspito para os estranxeiros, é o finis terrae* do mundo coñecido. A súa orografía e a resistencia nun primeiro momento da poboación castrexa, fai da nosa Galicia un dos últimos bastións non romanizados do mundo occidental.
por gonzo,
20/01/2008 10:51
Tags:
1 Comentarios
Pela - Iso, unha orixe romana
Aló polo ano 2001, durante o proceso de fundación da Asociación Ánxel Casal de Arzúa, unha das nosas arelas foi tomar contacto coa familia de Ánxel Casal en Pela, Vilantime (Arzúa) e expoñérllelos obxectivos da asociación que acababa de nacer. Alí, en Pela, detiveron as hordas fascistas no ano 36 a Ánxel Casal, impresor, editor e último alcalde galeguista de Compostela.
por gonzo,
17/01/2008 13:22
Tags:
1 Comentarios
O populus que habita a rexión comprendida entre Iria-Flavia e Lugo no interfluvio dos ríos Ulla e Tambre, e por extensión a comarca de Arzúa, chamábase o pobo coporo ou caporo, (Ptolomeo e Plinio o Vello fálannos deles) estaba integrado por unha serie de sub-comunidades, os castella (castros).
por gonzo,
22/12/2007 21:27
Tags:
0 Comentarios
A teoría anti-científica da Reconquista, hoxe en día, está desmontada pola ciencia histórica. Esta invención é creada a partires do século XIX, polos seudo-historiadores españois (sobre todo Modesto Lafuente en 1850).
por gonzo,
20/12/2007 12:19
Tags:
1 Comentarios
A Hispania dos romanos non era ningunha entidade cultural senón un accidente xeográfico - unha península -, da mesma maneira nunca existiu unha provincia romana que se chamase Hispania.
por gonzo,
19/12/2007 19:11
Tags:
1 Comentarios
Así, pois, os investigadores nos presentan uns pobos prerromanos, o que chamamos mundo castrexo, cunha cultura, lingua (crese que había tres linguas prerromanas, unha de influencia céltica), organización social e unha relixión que se mergullaban no fondo dos tempos.
por gonzo,
16/12/2007 20:09
Tags:
0 Comentarios
Algunhas veces, pasamos centos de veces polo mesmo sitio e non nos decatamos de que, ao carón da casa, temos unha verdadeira xoia da nosa cultura. Lugares sagrados, que foron venerados polos nosos antergos. Algunhas veces, quizais, grazas ás lendas que escoitamos aos nosos maiores, caemos na conta de que, aí ao lado, temos algo que tivo unha importancia enorme nos tempos antigos.
por gonzo,
13/12/2007 12:27
Tags:
1 Comentarios
Os mapas antigos son documentos gráficos que aportan datos históricos moi revelantes e nos indican o grado de relevancia dos diferentes países ou lugares.
por gonzo,
29/11/2007 23:34
Tags:
0 Comentarios
Hoxe en día, cando a dereita española arma unha campaña de exaltación desaforada da súa bandeira, nós cremos conveniente o estudio da súa historia, e ademais, a historia da nosa branca e azul, vexamos..,
por gonzo,
25/11/2007 12:49
Tags:
0 Comentarios
É unha evidencia que a historia de Arzúa está escasamente estudiada e, ademais, malinterpretada por anteriores eruditos.
É unha desgracia que a orixe da vila de Arzúa teña institucionalizado un erro incomprensible na ciencia historiográfica.
Observar cara o sur do mapa de Ptolomeo
por gonzo,
14/11/2007 22:24
Tags:
1 Comentarios
É curioso, logo de anos, dáste de conta de que o que estudaches nesas escolas tan académicas e españolistas, ocultaban a existencia do primeiro reino cristián da Idade Media o Reino Suevo de Galicia. Un reino que se creou sobre a base territorial da provincia romana da Gallaecia. Aquela Gallaecia que no século IV d.C., o labor pastoral de Prisciliano, (o primeiro martir, executado pola Igrexa Católica) colocouna no centro do debate mundial da nova fe.
por gonzo,
11/11/2007 21:24
Tags:
1 Comentarios