11/06/2007 10:00 A Dinamizadora da Sociedade da Información de Arzúa, en colaboración co Centro de Información á Muller, impartirá un taller de fotografía dixital.
Esta actividade está organizada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información (Consellería de Innovación e Industria) en colaboración co Concello de Arzúa.
Lugar e horario: Será de 10:00 a 12:00 horas na Aula de Informática. Edificio Centro Multiusos. Rúa Padre Pardo, 32.