Arzúa cidadán

Conéctate

A seguinte relación dá conta dos principais puntos de acceso público a internet que existen no concello de Arzúa:

Aula de Informática

A Aula de Informática está aberta ao público tódalas tardes da semana entre as 17:00 e as 21:00 horas.
Pertence á rede de Aulas de Informática da Deputación Provincial da Coruña e dispón de 11 equipos con conexión ADSL.

Edificio Centro Multiusos
Rúa Padre Pardo, 32.
15810 Arzúa

Biblioteca Municipal de Arzúa

Proximamente vaise materializar o traslado da Biblioteca Municipal de Arzúa ao Edificio Centro Multiusos (Rúa Padre Pardo, 32). Neste novo espazo disporá, entre outros servizos, de conexión wifi de balde.

Centros educativos
En Arzúa están dotados de acceso á rede os seguintes centros de ensino:

  • CEIP Arzúa: A aula de informática do alumnado, con conexión ADSL, dispón de 10 ordenadores
  • Colexio Nosa Señora do Rosario: Dispón dunha aula de informática con 10 ordenadores e doutro equipo máis na biblioteca. Todos eles teñen conexión ADSL.
  • Centro de Promoción Rural Piñeiral EFA: A aula de informática do alumnado dispón de 12 equipos con conexión ADSL.
  • IES Arzúa: Dispón en total de cinco aulas de informática. Dúas aulas son de uso xeral para o alumnado, con aproximadamente 20 equipos en cada unha; outras dúas para os estudantes do Ciclo Superior de Administracións e Finanzas, con 15 equipos cada unha; unha para os alumnos dos dous ciclos (medio e superior) de Forestais, tamén con 15 ordenadores; e 10 equipos máis na biblioteca. Todos os ordenadores do centro teñen conexión ADSL e, a maiores, a biblioteca dispón tamén de conexión wifi cunha clave de acceso para o alumnado do centro.
Locais con rede
A maiores destes espazos Arzúa dispón dunha serie de locais hostaleiros e casas de turismo rural que poñen a disposición dos seus clientes ordenadores con conexión a internet:
  • Cafetería e Mesón Venus (Rúa Lugo, nº 17): Dous equipos de liña ADSL e wifi en todo o local. Só se cobra o alugueiro de computador, a conexión é gratuíta.
  • Café Bar Arco da Vella (Rúa do Castro): Dous computadores con liña ADSL. Albergue residencial Vía Láctea (Rúa José Antonio, 26) dispón de dous equipos con conexión ADSL
  • A Palleira da Curiscada (Burres): Conexión wifi gratuíta.
  • Hostal, cafetaría e restaurante O Retiro (Teiraboa): Dispón dun ordenador con conexión ADSL.
  • Pensión Arcano (Rúa do Castro, 6): Conta cun equipo con conexión ADSL.