A Mella (San Pedro)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 112 habitantes, dos que 63 son homes e 49 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 8 os lugares de A Mella (San Pedro).
Do seu patrimonio artístico hai que destacar a igrexa de San Pedro da Mella, o cruceiro da igrexa da Mella, a fonte do Pozo ou da casa de Simón, o muíño da Mella ou de Requeixo ou o muíño da Virxe, entre outros.
