Aldea de Casanova
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldea abandonada que se atopa oculta no medio dun piñeiral. Tendo en conta o que din os/as veciños/as trátase dunha aldea de propiedade privada que leva deshabitada máis de dúas décadas e que pertencera á familia Duro da Torre, de Ferreiros (O Pino).
O conxunto da aldea estaba formado pola casa grande e por todas as dependencias anexas a estas, entre as que destaca o pombal de Casanova.
