Alonso de Muñiz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Señor do pazo de Brates (Boimorto). Escudeiro que fixo e dotou a capela da Madanela. Era veciño da cidade de Compostela aínda que acostumaba a vivir na vila de Arzúa, nunha casa grande con torre da que non queda resto algún (era coñecida como a Casa dos Azulexos).
