Arzúa cidadán

Boente (Santiago)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Agrandado

Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 157 habitantes, dos que 74 son homes e 83 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 6 os lugares de Boente (Santiago).

En Santiago de Boente celébrase o mércores e xoves da segunda semana de agosto a Festa do Emigrante.

O Cruceiro de Santiago de Boente, a Fonte da Saleta - a carón da Casa de Rafael de Mariño - , a Fonte de Boente de Arriba, o lavadoiro de Outeiro, o lavadoiro do regueiro, a igrexa parroquial de Santiago de Boente, o Pazo de Outeiro e a Reitoral de Boente – tamén coñecida como a Casa do Cura – son algúns dos lugares de maior interese polos que pasarse nesta parroquia.

Teñen sona as celebracións da Virxe da Saleta e a Festa do Emigrante.

Ferramentas persoais