Arzúa cidadán

Burres (San Vicenzo)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 451 habitantes, dos que 231 son homes e 220 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 20 os lugares de Burres (San Vicenzo).

A festividade da parroquia, en honra a San Vicenzo, celébrase o 23 de xaneiro. No verán, o 26 de xuño, ten lugar na Capela de San Paio de Pregontoño e na súa carballeira unha romaría, durante a que se celebra unha misa rezada no interior e unha cantada no exterior.

Unha construción curiosa na que reparar nesta parroquia, é o hórreo con reloxio de sol de Burres, un hórreo de tipo morrazo pouco usual neste concello, construído en pedra e con fendas verticais labradas nos penais e horizontais no pinche. O seu reloxio de sol sitúase no penal do norte.

Destaca especialmente nesta parroquia o conxunto da Palleira da Curiscada, formado pola casa, o hórreo, o pombal, a fonte-lavadoiro da Calzada, a fonte-lavadoiro de Salmonte, o lavadoiro de Sebio, a forxa de Dono, o hórreo da casa de Esteban Furelos,

Entre as celebracións de carácter relixioso no concello destaca a romería de San Paio de Pregontoño e a de San Vicenzo.

Ferramentas persoais