Arzúa cidadán

Calvos de Sobrecamiño(San Martiño)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 211 habitantes, dos que 106 son homes e 105 son mulleres. As festas de honra ao patrón da parroquia celébranse os días 11, 12 e 13 de novembro. A Igrexa parroquial data do século XVIII, e a súa planta lonxitudinal, con dúas capelas laterais adosadas, confírenlle aspecto de planta de cruz latina.

No interior apréciase a súa nave única e o coro de madeira e os dous arcos de medio punto de cantaría que dividen á nave en varios tramos.

O retablo maior orixinal foi retirado na década dos setenta do século XX, e se conservan as imaxes da Asunción, San Martiño, a Inmaculada e a Virxe do Rosario, datadas no século XVIII.

Ferramentas persoais