Calvos de Sobrecamiño (San Martiño)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 211 habitantes, dos que 106 son homes e 105 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 11 os lugares de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño).
As festas de honra ao patrón da parroquia celébranse os días 11, 12 e 13 de novembro.
Ademáis da igrexa parroquial de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño destaca do patrimonio artístico desta parroquia a casa tradicional do Orxal, o pazo de Rosende ou a Casa da Briona, o pazo do Orxal, o hórreo da Casa de Veigha, o muíño-videnda da Mera, o muíño do Prado, etc.
