Campo (Santo Estevo)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 120 habitantes, dos que 64 son homes e 56 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 13 os lugares de Campo (Santo Estevo).
Pantiñobre e Campo comparten patrón e celebran conxuntamente a súa festa o 26 de decembro.
A ermida da Mota, e a carballeira da Mota, na que se sitúa esta, conforman un dos paraxes máis fermosos e recoñecidos desta parroquia, que acolle o 23 de agosto, o 21 de setembro e o 28 de outubro romarías de gran sona en toda a comarca.
Entre outros lugares da zona que merecen unha visita están tamén a Igrexa de Santo Estevo de Campo, o conxunto que conforma a casa de Valentín Salmonte (con hórreo e cruceiro), o cruceiro da igrexa de Campo, a fonte-lavadoiro de Goimil, o lavadoiro do Pazo, os hórreos da casa de Severino ou a casa tradicional Lar da Mota.
