Capón de Arzúa recheo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ingredientes
- 1 capón de Arzúa
- 1 vaso e medio de coñac
- 100 gramos de figos pasos
- 100 gramos de uvas pasas
- 100 gramos de ameixas pasas
- 50 gramos de piñóns
- Manteiga de porco ou de vaca
- Sal
- Aceite
Preparación
Unhas 24 horas antes de cociñar o capón é necesario limpalo ben e inxectarlle nos zancos e na peituga, coa axuda dunha xiringa, a metade do coñac. Na hora da preparación convén sazonalo ben por dentro e enchelo cos figos, uvas e ameixas pasas antes de pechar a apertura coséndoa coa axuda duns palillos. A continuación poñer o capón no forno dentro dun recipiente untado con aceite. Untar todo o capón con manteiga, sazonar por fóra e regalo co resto do coñac. O forno debe estar a 200ºC pero cando se vexa que o capón xa ten cor dourada baixase a 180ºC e deixase arredor de 1 hora e media, regándoo cada 10 minutos co zume que vai soltando.
Consellos
Pode servirse acompañado de mazás asadas
