Capela do Outeiro ou de Santa Catarina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Capela de planta basilical promovida polos irmáns Juan e Catalina de Quintela Castro a finais do século XVII e dedicada a San Xoán Bautista e Santa Catalina.
Atópase no lugar do Outeiro e está en ruínas dende os anos 60. Perdeu, entre outros elementos, o seu campanario, que databa de 1891.
Ata hai poucos anos era propiedade de Agustín Yañez Pardo mais agora forma parte da masa común do Outeiro, cuxos veciños pretenden restaurala.
